Amigus
As Pontes

PARTICIPACIÓN DO C.V.F AS PONTES NO CAMPIONATO GALEGO DA CLASE VAURIEN

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Club Náutico Ría de Ares organizou, desde o venres 20 e até o domingo 22 de marzo, o Campionato Galego da Clase Vaurien, unha cita á que se desplazaron regatistas do Club de Vela Fluvial As Pontes.
Tras tres xornadas de competición, con 9 mangas validadas e un descarte, nas que se navegou con ventos do noroeste e unha media de entre 10 e 15 nós de intensidade que fixeron as delicas dos participantes, proclamáronse Campións Galegos os representantes do Real Club Náutico de Vigo, Pablo Cabello e Óscar Romero.

Por parte do club pontés participaron as tripulacións formadas por Javier Martínez e Óscar Martínez, Alba Abril e Daniel Abril (CND León), e mais Paula González e Lucía Díaz (CN Marina Coruña). Precisamente esta última tripulación acadou un meritorio 2º posto na clasificación feminina.

As vindeiras citas para o CVF As Pontes serán, por un banda, no Campionato Galego da clase Ilca que se disputará en Riveira esta fin de semana e onde do club pontés será Paula González; e por outra banda, no Campeonato de España da clase Vaurien que se diputará precisamente no lago de As Pontes do 1 ó 5 de abril organizado polo club local.

Nova cortesía do Clube de Vela Fluvial As Pontes

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios