Amigus
As Pontes

FASE DE ASCENSO INFANTIL: CD AS PONTES 4 – C.D. CIUDAD JARDÍN 1

Sensacional triunfo do equipo infantil pontés ante o cadro herculino, co que xa xogara precisamente hai tres anos a fase de ascenso, con outra xenereación evidentemente, a de Fornos e compañía, equipo co que quedaran eliminados tras perder 7-2 en Coruña e empatar a 2-2 no Poboado.
Gozou de varias ocasións o cadro azul no primeiro tempo, Jandro por dúas veces, Alberte, Andrés, incluido un cabezazo ó longueiro do propio Andrés, pero sen embargo foi no segundo período cando chegaron os goles, adiantouse e puxo terra de por medio o As Pontes con sendos goles, tras saques a balón parado, e aproveitandose de rexeites, de Alberte (41´) e Andrés (45´).
Pero inmediatamente despois o cadro herculino acurtaba distancias no marcador tras unha xogada desafortunada na que sacaron unha falta, Lino despexou, e a un dos dous xogadores coruñeses que chegaban para rematar, Cabado, rebotoulle o balón nun xeonllo e acabou dentro das mallas (47´).
infantil


Volveu poñer terra de por medio o As Pontes no 52´, tras un saque de falta maxistral de Sergio Otero, que foi á cruceta pola parte interna, e do rebote aproveitouse Andrés para cabecear ó fondo das mallas colocando o balón pegado ó pau onde non puido chegar o gardamallas visitante.
Nos últimos minutos entrouse nunha dinámica de chegada ás dúas áreas con certo perigo pero sen grandes ocasións, incluso se reclamou man dentro da área visitante, nun par de ocasións, a primeira máis xustificada que a segunda, ata que precisamente no desconto nun balón que se pasea pola área rival, Josiño (81´), libre de marca e a porta baleira fai o 4-1 definitivo que pon a eliminatoria moi en vantaxe para os azuis, pero, ollo, que o encontro da vindeira semana en Coruña será moi pero que moi compricado.
De conseguir superar esta eliminatoria enfrontaríase o cadro de Iván Rodríguez ó vencedor da eliminatoria entre o Villestro de Santiago e o Xallas de Santa Comba, por unha praza na Liga Galega Infantil.
O equipo infantil non descansa e xogará mañá a volta das semifinais da Copa AFACO á mesma hora contra o Eume Deportivo, ó que venceu 1-3 na ida, pero aínda non está todo o peixe vendido.
Xogou o As Pontes con Lino, Adrián, Martín, Alex, Esteban, Alberte (Jorge 65´), Andrés (Antón 74´), Ayrton, Jandro (Manuel 50´), Sergio e Josiño.
Polos visitantes xogaron Ricardo, Jorge, Puchi, Carlos, Balboa, Guzmán, Javi, Dani, Cabado, Moure, Conso e Franco que saiu na segunda metade. Arbitrou o colexiado ferrolán Martínez Míguez.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios