O pontés Antonio Polo Campeón de Europa de Maratón de Piragüismo

O piragüista pontés Antonio Polo Campello xunto co seu compañeiro de K2, o viveirense Alberto Pigueiras, gañaron onte 6 de xuño, en Vila Verde (Portugal) o campionato de Europa de Maratón de piragüismo na categoría K2 veterano 35-39 anos.
Sobre unha distacia de 21km o pontés e o seu compañeiro no club Piragüismo Viveiro impuxeronse cun tempo de 1:33:06 aos tamén españois Oscar Martínez e Jonathan Salas, e á embarcación dos porutgueses Rui Româo e Joâo Neves que entraron en meta a 5 e 8 segundos respectivamente.
polo1.jpg


polo2.jpg
Nova cortesía Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios