Amigus
As Pontes

FASE DE ASCENSO XUVENIL. CD AS PONTES 1 – IMPERÁTOR OAR 1.

Partido este domingo á mañá no Campo do Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Non puido o Xuvenil pontés levantar o 1-0 que traía da ida en terras coruñesas, e pese a adiantarse cun gol de tiro cruzado de Daniel Martínez incorporándose por banda dereita, un inocente penalti pouco despois restablecía a igualada no marcador.

Tentarono por todos os medios os de Iván Rodríguez no segundo período pero o marcador non se moveu, o que non empaña a boa temporada con dous segundos postos, e semifinais de Copa.

Xogaron Marco, Lucas (Mateo 65´), Felipe, Xavi, Jose Ignacio (Iago 82´), Destaw, Daniel Golpe, Nicolás (Iván 65´), Daniel Portela, Diego (Alex 70´), Manuel (Cherif 82´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios