Regata Vila de Portonovo k4/C4
O día 20 de xuño o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes achegábase ata Portonovo para participar na regata local de embarcacións cuádruples.
O Xuvenil presentaba un k4 home veterán, con Jose A. Pico, Ernesto Gancedo, Bruno Rodríguez e Antonio Polo.
Nun percorrido de 8km, moi batido pola ondaxe das embarcacións, e o propio mar, os ponteses sufrían en exceso e acadaban un cuarto posto, que non soupo a pouco despois das dificultades que tiveron para adaptarse o campo de regatas.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
