Amigus
As Pontes

OBSERVACIÓN DO PASO MIGRATORIO DE AVES MARIÑAS

O vindeiro sábado 5 de outubro, a asociación Drosera (estudo e conservación do medio natural) organiza unha visita a Estaca de Bares para observar o paso migratorio de aves mariñas, coincidindo coa celebración do Día das Aves que reunirá alí a un nutrido grupo da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Será a primeira actividade dunha serie de saídas de campo e cursos encamiñados a animar a creación dun grupo de observación de aves nas Pontes.
observacion.jpg


O plan do día é o seguinte:
08.00.- Saída en autobús dende a estación de autobuses (As Pontes). GRATUÍTO.
09.00.- Chegada a Estaca de Bares; participaremos, xunto coa Sociedade Galega de Ornitoloxía, nunha sesión de observación de aves mariñas e anelamento de aves no carrizal do Cabo.
19.00.- Visita á exposición fotográfica “Aves de Ortegal” de Antonio Martínez Pernas e Pablo Gutiérrez. O Vicedo.
20.30.- Regreso cara As Pontes.
Cuestións prácticas:
-PARA ANOTARSE E/OU INFORMACIÓN: 670514888
-CADA PARTICIPANTE LEVARÁ O SEU XANTAR.
-SE TES PRISMÁTICOS, LÉVAOS. ALÍ TEREMOS TELESCOPIO A DISPOSICIÓN DOS ASISTENTES.
-SE TES UNHA GUÍA DE AVES, LÉVAA.
-ROUPA DE ABRIGO E CORTAVENTO. AGARDEMOS QUE NON CHOVA…

También podría gustarte
Comentarios