A PARROQUIA PONTESA DA FAEIRA CELEBROU A FESTIVIDADE DO ROSARIO

Esta fin de semana pasada a parroquia pontesa da Faeira, situada ó sur do concello, celebrou as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario. As festas, unha das máis concorridas da comarca, comezaron o venres coa verbena a cargo das orquestras Galilea e Claxxon. Na xornada do sábado actuaron Fania Blanco Show e Televisión e o domingo, a sesión vermú estivo amenizada polo grupo Fusión.
O sábado e domingo houbo funcións relixiosas, con misa cantada na xornada do domingo pola coral “Airiños da Capela”.
faeira


A PARROQUIA DE SAN PEDRO DA FAEIRA
Con quince quilómetros cadrados e tan só 70 habitantes, a parroquia da Faeira, antes pertencente ó concello da Capela, atópase ó sur do concello pontés entre as de San Pedro de Eume, Goente, Ribadeume, Bermui e o encoro do Eume. Comprende os lugares habitados da Faeira (aldea onde se atopa a igrexa e o cemiterio parroquiais, con 19 habitantes), O Pazo (8), O Pereiro (7), Os Reboredos (3), A Redonda (4), Terbá (5), Tras do Monte (5), Venade (13), O Vilar (5) e O Viso (1) e os deshabitados da Azureira, Mozcoto, Porto do Liño e Rebardille.
Pertenceu á antiga xurisdición de Caaveiro da provincia de Betanzos. Hoxe forma parte do arciprestado de Bezoucos (que comprende os concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Fene e Mugardos e seis das sete parroquias que en 1983 pasaron da Capela a As Pontes).
Na primeira metade do século XIX contaba con 50 veciños e 222 habitantes, que vivían da agricultura (centeo, patacas, maínzo avea e legumes) e gandería (gando vacún e porcino), facían carbón e preparaban madeira para a construción de barcos, que exportaban a Ferrol, Pontedeume, Ares e outros portos da comarca.
Ten unha altura media de catrocentos metros, aínda que no norte algúns cumes superan os cincocentos, como a Pena da Bandeira (593 m), a Pena da Lebre (574 m) e O Pico (554 m). Nesta parroquia desembocan no Eume o río Rebardille, que a separa de Bermui, e os regos dos Cadabás e da Xesta.
A igrexa parroquial actual é de modesta construción de forma rectangular. Da antiga consérvase o campanario, de dúas espadanas, situado na entrada do cemiterio. O cruceiro foi construído no ano 1823, segundo reza unha inscrición que figura no baseamento do mesmo, “este cruzeiro se yzo a cuenta de la fábrica siendo cura D. José Troitiño de 1823”.
No propio lugar da Faeira hai unha importante industria de queixos do país, “Queserías del Eume”, que produce un queixo manteigoso e cremoso moi coñecido e apreciado pola súa calidade, tanto na comarca como no resto do país galego. Tamén exporta a Cataluña. Esta industria familiar foi fundada no ano 1960 en Goente polo avó dos actuais propietarios, Francisco Díaz, trasladándose en 1983 ó lugar da Faeira.
A Faeira (As Pontes), 7 de outubro de 2013 (AF)
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
faeira
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios