CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 16/17 Novembro – 2013
SEGUNDA AUTONÓMICA: FC Ortigueira – CD As Pontes (3-1)
Perdeu o As Pontes B, esta semana, ante un bo equipo, o Ortigueira, 3-1, co cal en dúas xornadas baixa do liderato á quinta praza con 14 puntos, por detrás de Cedeira, 19, Neda, 18, A Capela e Ortigueira teñen 16. Visita ó Rosalía a semana que ven, marcha décimo segundo con 8 puntos.
LIGA GALEGA XUVENIL: E.F. Lalín – CD As Pontes (2-1)
Perdeu o xuvenil en Lalin, 2-1, pero deixou boa imaxe ante o segundo clasificado, adiantáronse con gol de Antonio, e Gonza estivo piques de poñer o empate a 2-2 antes do final, pero estrelou o balón no poste. Toca recibir ó Sporting Estrada, que marcha cuarto, nun partido no Poboado no que haberá que buscar a vitoria. Cuartos pola cola con 9 puntos, seguidos de Imperátor, 8, Betanzos, 6, e Fátima, 2, que serían a dia de hoxe os tres descendidos.
LIGA FEMININA F8: Gª Mugardos – CD As Pontes (0-3)
O equipo feminino non tivo problemas para impoñerse con claridade ó Galicia de Mugardos no campo da Pedreira por 0-3. Pita aliñou a Leti, Andrea Pita, Lia, Patri, Carlota, Vicki, Paula, Noelia, Nicole, Ángela, Yara, Uxía e Andrea Montero. Marcaron os tantos ponteses Carlota, Lía e Noelia.
Continúa na sexta praza con 16 puntos, por detrás de R. Ferrol (27), San Sadurniño (24), Maniños (22), O Val B (21) e Mandiá (19). Para o sábado no Poboado visita do líder, que conta os seus encontros por vitorias.
COPA CADETE: CD As Pontes UD Cebarca (7-1)
Vitoria do equipo cadete (7-1) ó Cebarca, xa sen opcións de xogar a final, pero escala á cuarta praza con 10 puntos, moi lonxe de Ánimas 24, Meirás, 21, e Eume, 18. Visita ó San Sadurniño, para rematar a liguiña recibindo ó colista, Amistade Meirás.
COPA INFANTIL: CD As Pontes FC Ortigueira (14-1)
Goleou o infantil excesivamente ó Ortigueira (14-1), e aproveitando que o Racing de Ferrol B descansou situouse a tres puntos dos verdes, que teñen 30, por 27 de As Pontes e Portuarios e 24 de O Val. Visitan os azuis ó penúltimo EFR. Ferrol a vindeira xornada para, de gañar, acabar xogándose a clasificación contra o líder na última xornada no Poboado.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes Amistade Meirás (1-3)
AD Miño – CD As Pontes B (2-8)
Derrota do Alevín A ante o líder Amistade Meirás B (1-3), pero conseguiu clasificarse para o Grupo A como terceiro con 20 puntos. Marcou o gol pontés Javi. Alegría do Alevín B, que gañou os seus tres primeiros puntos tras vencer en Miño (2-8). Xogarán no Grupo D.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes CD Cariño B (9-0)
SD R. Neda – CD As Pontes B (2-6)
Venceu o Benxamín A (9-0) ó Cariño B, pero acabou cuarto con 15 puntos. Iker marcou 4 goles, Mario Fraga (2), Hugo, Xosé Paz e en propia porta. O mesmo pasoulle ó Benxamín B, que, a pesar de gañar 2-6 ó Rápido de Neda B, tamén acabou cuarto con 15 puntos, polo que ambos equipos xogarán no Grupo B. Marcaron polo As Pontes B, Sergio (2), Iago (2), Martín e Ángel.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CCRD Perlío – CD As Pontes (6-5)
CD As Pontes B SD Ánimas (0-8)
Perdeu o Prebenxamín A (6-5) en Perlío, co que ambos equipos acaban con 21 puntos e acompañan ó líder R. Ferrol ó Grupo A. Goles de Xandre (2), Antón, Anxo e Augusto. Derrota do Prebenxamín B (0-8) diante do Ánimas. Xogarán no Grupo C.
Nova cortesia de Xose Ferreiro e A.F.