Amigus
As Pontes

DIEGO PAZ, PREMIADO NO DÍA DO ADESTRADOR

DIEGO PAZ, PREMIADO NO DÍA DO ADESTRADOR

O sábado celebrouse o Día do/a adestrador/a organizado polo Comité Galego de Adestradores da RFGF no Auditorio da Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo.

Ao evento foi invitado como adestrador destacado un dos técnicos do Lago Sport, Diego Paz Romero “Vinicius”. Ao longo da mañá puidose escoitar a grandes figuras do noso fútbol como Quique Setién, David Gordo, Claudia Pons ou Jorge Basanta.

Dende o Lago Sport agradecen á RFGF tanto a invitación como o premio outorgado, que reflicte o bo traballo que se está a realizar dende a base do Lago Sport.

Noraboa Diego, polo premio e sobre todo polo gran traballo diario realizado. A continuar medrando.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.