Amigus
As Pontes

Euroeume participa no foro da Universidade Rural Europea celebrado en Oxford

A Asociación EuroEume, representada por Anjo Martínez Zas, membro do equipo técnico, participou no Foro Internacional organizado na prestixiosa universidade inglesa de Oxford pola Universidade Rural Europea. Neste foro tratouse de expoñer as diferentes experiencias que se están a desenvolver na Unión Europea neste marco, e tamén procurouse buscar unha maneira de adaptar estas entidades á que será nun futuro a Normativa Europea.


EuroEume, e Serranía de Ronda, explicaron a experiencia da Universidade Rural Paulo Freire, unha das mais avanzadas dentro da Unión Europea, en canto a que a súa forma xurídica xa foi definida, e á proximidade da súa posta en funcionamento. Neste proxecto participan varios grupos doutras zonas de España, entre eles os Grupos de Acción Local de Serranía de Segovia, Sanabria, Terra de Campos, etc.
Este Foro Internacional da Universidade Rural Europea contou coa participación de grupos das mais diversas nacionalidades. Desde un grupo canadiense que asistiu como observador, ata países recen incorporados á Unión Europea como Hungría, pasando por outros países mais clásicos deste tipo de eventos como Italia, Alemania, Irlanda, Francia, e por suposto España. Tamén contouse coa activa participación de membros da Comisión Europea especializados no Desenvolvemento Rural, e que explicaron as expectativas que ten a Comisión en canto ó desenvolvemento da figura das Universidades Rurais, e o que serán as principais liñas que regularán este tipo de institucións.
Euroeume, e os seus socios presentarán , posiblemente no mes de septembro, a Universidade Rural Paulo Freire. Os primeiros pasos que se están a dar céntranse no estudio da memoria histórica e oral do territorio, que marcará que coñecementos son susceptibles de ser tomados en consideración posteriormente pola Universidade Rural do Eume Paulo Freire.
Cortesía de euroeume.org

También podría gustarte
Comentarios