Amigus
As Pontes

Greenpeace sitúa a Galicia entre as cinco comunidades costeiras que peor coidan o seu litoral

Lendo galiciainformacion.com:
“Greenpeace situou a Galicia entre as autonomías costeiras españolas que peor xestionan e coidan o seu litoral, xunto a Murcia, Comunidade Valenciana, Baleares e Canarias. A organización ecoloxista presentou en Madrid o seu informe “Destrución a toda costa 2004”, no que, como nos de anos anteriores, analiza os problemas do litoral español. no caso de Galicia, sinala á Xunta e concellos como “os principais responsábeis” do mal estado no que, segundo os seus datos, está a costa galega.”…


…”Na análise que Greenpeace realiza por comunidades, o informe pon de manifesto que “a situación non mudou moito respecto a anos anteriores” e que nin unha soa autonomía “ten a súa costa en bo estado”, se ben, nunha comparativa, sitúa ás cinco citadas anteriormente como as peores.
Greenpeace sinala que “as autoridades galegas, tanto municipais como autonómicas, levan realizando desde hai moitos anos políticos de costas ao medio ambiente e ao mar”, cuxo resultado “é unha costa contaminada e cada vez máis desfigurada, na que non se respecta a normativa ambiental e se consinten todo tipo de barbaridades atendendo a supostas razóns económicas”.
EXEMPLOS
A entidade ecoloxista cita como exemplo deste “desprezo ao medio” a construción do porto exterior de Ferrol, do que di “pechará o 60 por cento da ría” e que lindará cun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) polos seus valores ambientais. “Moi perto de alá –engade o documento– planéase construir un campo de golf no mesmo borde litoral que irá acompañado de 400 vivendas”.
Greenpeace tamén critica, dentro do Plan Galicia, o proxecto de Porto Exterior de A Coruña, ubicado en Punta Langosteria, no punto de “maiores ventos e correntes” da área e “a tan só 16 quilómetros” do peirao de Ferrol.
“Aínda carece dun estudo de viabilidade, mais xa ten a declaración de impacto ambiental aprobada”, di Greenpeace, que agrega que “o proxecto vai acompañado dunha grande operación inmobiliaria apadriñada polo alcalde de A Coruña, Paco Vázquez”.
DESAPARECE A PRAIA DE SILGAR
O informe de Greenpeace alertar tamén unha vez máis do estado da praia máis emblemática de Sanxenxo, a de Silgar, que situada en pleno centro urbano da vila “está condenada a desaparecer pola presión urbanística e o porto deportivo”, segundo advirte o colectivo ecoloxista.
A praia máis coñecida da vila e máis frecuentada polos turistas foi obxecto durante o 2002 e o pasado ano, dunha intensa rexeneración de area, promovida polo Concello de Sanxenxo e o Ministerio de Medio Ambiente. A actuación veu dada tras se detectar que Silgar estaba a perder moita area, algo que, segundo Greenpeace, continuará acontecendo en anos venideiros até se producir a súa desaparición.
Para o colectivo ecoloxista, a praia de Silgar “converteuse nun emblema das consecuencias prexudiciais de certas actividades humanas na costa” e engade no seu informe que “está sentenciada a morte desde que se construíu o espigón do porto deportivo”, do que se destaca que “acapara o 40 por cento dos investimentos municipais de 2004″.”
Fonte: galiciainformacion.com

También podría gustarte
Comentarios