Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – PIZARRAS TRES CUÑADOS (4-7)

Pésima arbitraxe nun encontro no que o equipo de Valdeorras gañou nos últimos segundos. Houbo unha pequena trifulca ó final do mesmo.

O Esteo pontés deu un paso atrás nas súas aspiracións de manterse na categoría ó perder nos últimos segundos na casa ante o Valdeorras (4-7), tras ir 3-1 no descanso.

O peor do encontro foi a pésima arbitraxe, unha vez máis (e non é a primeira), de Vanegas Betancurt, acompañado de Díaz Arias. Expulsaron rigorosamente a dous locais, non pitaron un claro penalti sobre Ayala, sancionaron con amarela unha agresión dun visitante, non souberon atallar as provocadoras celebracións dos goles de dous xogadores visitantes. Ó final do encontro, cabreo e enfado dos afeccionados que se deron cita no pavillón da Fraga.
Aínda que se comezaban adiantando os ourensáns por medio de Bruno, tres tantos de Héctor, Púas e Bertito antes do descanso poñían o 3-1 que prometía ser un bo resultado ó final.

Pero o Esteo tamén tivo os seus erros e ó pouco do segundo tempo, nunha perda de Héctor e nun mal pase de Jose López empataron os visitantes, que puideron marcar algún máis, pero salvou Javichu. Foi mediado o segundo período, que marcaron os brancos, pero rapidamente respostou Fran, 4-4. O partido converteuse nun toma e daca, salvou algunha Javichu, e Héctor tivo unha moi clara que mandou fóra.

Foi noutra contra que Bruno poñía o 4-5 faltando tres minutos, e o Esteo arriscou con porteiro xogador, pero non tivo fortuna a pesar de ter varias moi claras. Tamén os visitantes, que mandaron un balón ó poste, e nos derradeiros instantes sentenciaron.

Houbo algún que outro xogador rival que non soubo celebrar os tantos, o que, unido á mala arbitraxe, conlevou a unha tángana final entre ambos conxuntos que non chegou a máis.

Os ponteses son terceiros pola cola, con 27 puntos, a un de Cistierna e a dous do Benavente. Quédalles visitar ó Albense na vindeira xornada, recibir ó Bembrive na seguinte, e visitar ó Bueu. Por sorte para os locais, Bueu (14) e Sala Ourense (20) xa están descendidos.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Héctor, Jose López –cinco inicial- Bertito, Púas, Cospe, Ayala, Tucho.

PIZARRAS TRES CUÑADOS: Borja, Dilin, Jesús, Bruno, David –cinco inicial- Corzo, Juanma, Javi, Josiño, Maelo.

ÁRBITROS: Pésima actuación de Andrés Vanegas Betancurt, Andrés Díaz Arias. Na mesa, Molinero Rodríguez. (Asturias). Moi mala arbitraxe. Expulsaron con vermello directo a Bertito (28´) e por dobre amoestación a Gerardo (38´). Ademais, amarelas a Javichu, Fran, Jesús e Maelo.

GOLES: Min. 5 (0-1), Bruno. Min. 10 (1-1), Héctor. Min.14 (2-1), Púas. Min. 17 (3-1), Bertito. Min. 22 (3-2), Bruno. Min. 24 (3-3), David. Min. 29 (3-4), Dilin. Min. 30 (4-4), Fran. Min. 37(4-5), Bruno. Min. 40 (4-6), Bruno. Min. 40 (4-7), Jesús.

INCIDENCIAS: Vixésima sétima xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B e décimo cuarto partido no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios