Amigus
As Pontes

As Pontes recupera o seu patrimonio arqueolóxico

Unha pouquiña de “sorpresa” sí que me colleu cando lin a seguinte reportaxe de Fátima Fernández, na Voz de Galicia, xoves 28 de agosto do 2003, Páxina L13.:


“As Pontes recupera o seu patrimonio arqueolóxico”
“As Montañas das cen tumbas”
No complemento interior chamado La Voz de Ferrol, do devandito xornal o titular dí:
“Tumbas milenarias en As Pontes
Dez especialistas dun centro de investigación francés fixaronse en As Pontes para facer un traballo arqueolóxico de catalogación de restos megalíticos. Os expertos galos calculan que no municipio se podan atopar ata 130 tumbas antigas, alén doutras ducias que se ouberan destruido. O interés por esta temática tamén se nota no numero de visitas que recibiu o museo de Ortigueira, 1.500 en pouco mais dun mes.”
E segue: “Participan neste equipo mandado polo Centro Nacional de Investigación Científica de Francia… dous arqueólogos, un arquitecto, un enxeñeiro e os demais: estudantes destas especialidades”.
Despois do consabido bla, bla, bla…, e no penúltimo párrafo dí: ” O obxectivo final é realizar un proxecto para que toda esa información sexa exibida ao público e que se chegue a utilizar”
Tamén dí o artigo que todo isto faise por un convenio asinado entre esa institución e o Axuntamento de As Pontes.
Ata o de aqui todo moi, moi, moi, pero que moi ben. O que me amolou foi o recunchiño de 22 liñas que viña á dereita da fotografía superior (sigo a falar da páxina L13) e que se titula: “Otras iniciativas”.
É de supoñer que o material que podan atopar estes sesudos pescudadores quede nas Pontes, non vaia pasar como outras veces, que un material de tanta estima marche para outras mans que nada teñen que ver coa nosa historia. Lembremos senón o caso mais doente do vaso campaniforme.
Pero como doutores ten a igrexa, deixemos que cada quen faga o seu traballo… “Zapateiro ós teus zapatos”
¡ Ha, por certo, a reportaxe está en castelán !

También podría gustarte
Comentarios