Amigus
As Pontes

Representantes ecuatorianos visitan o territorio de Euroeume para importar as súas experiencias no sector turístico

Catro alcaldes da provincia andina de Riobamba, e o Prefecto da Provincia, acuden para coñecer, e tratar de adaptar ó seu territorio, boas prácticas turísticas impulsadas por EuroEume: Cantinas, casas e actividades de turismo alternativo.


Mañá mércores chega a nosa terra unha representación da provincia de Riobamba (Ecuador), encabezada polo Prefecto Provincial, que ven acompañado dos alcaldes dos municipios de Alausí, Chunchí, Cumandá e Guamote. Esta visita encádrase no marco do Programa de Cooperación EXPIDER, (Experiencias Piloto de Desenvolvemento Rural en América Latina), e ten por obxectivo trasladar as exitosas experiencias derivadas da Iniciativa Leader +, e fundamentalmente aquelas centradas no desenvolvemento do sector turístico.
A viaxe dos representantes políticos significa a continuación das visitas efectuadas por técnicos dos Grupos de Acción Local ós territorios beneficiarios deste Programa de Cooperación EXPIDER.O obxectivo desta visita é coñecer as experiencias que EuroEume desenvolveu ó aveiro dos diferentes programas de desenvolvemento rural xestionados nos últimos anos, nun intento por adaptar as boas prácticas do sector turístico ó seu territorio, situado na zona andina, e que ten un gran potencial de desenvolvemento neste ámbito.
A xornada preséntase axetreada para o grupo de representantes ecuatorianos. Ás 10.30 horas da mañá programouse unha recepción con D. Víctor Guerreiro no Concello de As Pontes. Unha vez rematada a mesma, e xa nas oficinas que EuroEume ten na vila pontesa, realizarase unha xuntanza na que participarán representantes de AGADER, alcaldes dos concellos do territorio, e por suposto do propio Grupo de Acción Local. Nesta xuntanza abordaranse temas relacionados coa experiencia de EuroEume en concreto, e dos Grupos de Acción Local en xeral, en canto o potenciación dos espazos rurais gracias a programas desenvolvemento baseados na filosofía de traballo LEADER.
Despois da xuntanza realizaranse visitas a proxectos promovidos co apoio dos programas xestionados pola Asociación: Alvarella Ecoturismo, empresa adicada á realización de actividades de turismo alternativo e educación medioambiental, e a Casa Castelo de Andrade, unha das nove “Casas do Eume”, que forma parte da rede que establecementos de turismo rural agrupada polo C.I.T. Eumeturismo.

También podría gustarte
Comentarios