Amigus
As Pontes

PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CATEGORÍAS DE BASE DE O ESTEO FS

Os equipos do clube pontés de fútbol sala comezarán a andar o 5 de Setembro

As categorías de base do clube pontés de fútbol sala do Esteo comezarán a andar este 5 de Setembro.

Os nenos e nenas ponteses que queiran xogar a fútbol sala poderanse apuntar do 8 ó 31 de Agosto na tenda Lecar 712. Tamén poden chamar ó teléfono 679 37 14 72.

Para este xoves 11 de Agosto tamén está prevista unha reunión no Pavillón Municipal cos pais dos xogadores as 20:30.

As categorías son:
Biberóns (2011-2012)
Prebenxamín (2009-2010)
Benxamín (2007-08)
Alevín (2005-2006)
Infantil (2003-2004)
Cadete (2001-2002)
Xuvenil (1998-1999-2000)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios