Amigus
As Pontes

COPA DEPUTACIÓN. RC DEPORTIVO DE A CORUÑA B 4 – CD AS PONTES 0

O equipo herculino enfrontarase ó Racing de Ferrol na penúltima rolda

O As Pontes quedou eliminado na rolda dos cuartos de final da Copa Deputación tras caer en Abegondo por 4 a 0 ante o filial deportivista.

Rápido se adiantaron os locais no primeiro minuto por medio de Borja Domingo, e antes do descanso Óscar Pinchi poñía o 2-0. Xa no segundo tempo outra vez Pinchi e despois Lucas poñían o 4-0 definitivo.

A pesar do avultado do marcador o As Pontes plantou cara en todo momento pero Anxo estivo moi atinado na portería. O xogador de Cabanas, Álvaro Rey, lanzou unha falta ó poste. Polo Deportivo B xogou o pontés Enrique Fornos.

As semifinais do torneo serán de gran nivel, cun Deportivo B-Racing de Ferrol- e Boiro-Compostela.

Xogaron Paco, Fol (Marcote 45´), Buyo (Jandro 76´), Prieto, Callón, Rubio, Criado, Álvaro, Pardo (Casas 40´), David González e Pablo Ramos (Samu 67´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios