O AS PONTES FICHA Ó MEDIO CENTRO MORRYS

Centrocampista procedente do fútbol andaluz

O Clube Deportivo As Pontes ven de fichar nos últimos días a un medio centro granadino de 25 anos.

José Manuel Gallardo González, máis coñecido como Morrys, formouse nas categorías inferiores do Adra e do Chana, pasando despois por Maracena, Otura e o Adra Milenaria, que foi o seu último equipo.

Trátase dun futbolista bo no corte, e poderoso nos balóns aéreos. O xogador xa está a disposición de Marco Roca e podería debutar no vindeiro partido en Arousa.

Dado que o costamarfileño Dravo non conseguiu o tranfer, tralo dianteiro Ibu e o central Borja, esta sería a terceira contratación nun equipo pontés moi necesitado de fondo de armario.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios