CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 13-14-15 / XANEIRO / 2017

Vitorias do feminino, os dous alevíns, ambos benxamíns, e o Prebenxamín A

LIGA FEMININA F-8
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (2-1)

Vitoria do feminino 2-1 ante o San Sadurniño, equipo que a pesar de presentarse cos efectivos xustos, complicoulle moito a vida ata o final ó conxunto de Julio Montero, non en van, na primeira volta foi o único equipo xunto ó líder Maniños capaz de vencer ó plantel pontés.

María adiantou ás visitantes no primeiro tempo, pero na reanudación, Carlota, e Paula Baamonde preto do final; o decimocuarto e quinto tanto de cada unha no que vai de tempada; puxeron o 2-1 definitivo.
Son terceiras con 41 puntos, visitando a semana que vén ó Cebarca, duodécimo con 16 puntos. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Vicky, Carolina Paz, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Uxía.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase
CD AS PONTES – GALICIA SDC MUGARDOS (2-2)

Paso atrás do xuvenil, que empatou na casa ante o cuarto clasificado, Galicia de Mugardos, mentres que gañaron o Eume e o Meirás. Os de Valdoviño son líderes sólidos con 18 puntos, seguidos con 16 polo Eume, e con 14 polo conxunto pontés, que a semana que vén precisamente visita ós de Pontedeume.

Aínda así, o punto pódese dar por bo, i é que a pesar de que os de Felipe Mieres comezaron adiantándose ó pouco do comezo con tanto de Josiño, empataba pronto Jose e o mesmo xogador poñía en ventaxa ós verdes ó borde do descanso. Tivo que ser no segundo tempo, nun gol en propia meta dos mugardeses no tempo de prolongamento, o que puxera o 2-2 definitivo no marcador.

Xogaron Lino, Iago, David, Bruno, Unai, Andrés, Alex Barro, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Meidán, Fraga e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase
CD NARÓN B – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Cadete 2-1 na súa visita ó CD Narón B. Son penúltimos con catro puntos, e a semana que vén reciben no Poboado ó Amistade de Meirás, que pecha a táboa cun so punto logo dun empate na terceira xornada ante o San Sadurniño.

Polos naroneses anotaron Íker e Sergio e recurtou distancias preto do final Santi. Xogaron Edgar, Eyob, Xavi, Nono, Antonio, Santi, Xoel, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose e despois Azoin, Mohamed, e Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase
CD NARÓN B – CD AS PONTES (3-0)

Derrota do Infantil 3-0 na súa visita ó líder CD Narón B. Sétimos con tres puntos reciben ó Cedeira, terceiro con seis.

Anotaron no segundo tempo Jonathan, Kevin e Ángel. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Xoel, Sergio Hermida, Jandro, Hugo, Diego, e despois entraron Iván e Ismael.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES (1-3)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO (6-2)

O Alevín A venceu 1-3 ó Racing de Ferrol B, goles de Ali Karim, Anxo Rey e Eloy Pita. Tamén gañou o Alevín B 6-2 ó Cariño, tantos de Carlos Villasuso (3), Alexo Platas, Anxo Blanco e Israel Varela. No mesmo segundo grupo, ambos con seis puntos, o B é terceiro e o A sexto, antes de visitar ó segundo clasificado Eume, os primeiros, e recibir ó colista San Sadurniño os segundos.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SD O VAL B – CD AS PONTES (2-7)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO (1-0)

No grupo terceiro, venceu o Benxamín A 2-7 na casa do colista O Val B, polo que continúan de líderes con 12 puntos, con tres de ventaxa sobre o Galicia de Caranza B, antes de recibir ó Rápido de Neda, oitavo. Tantos de Sergio Vázquez (2), Diego Lozano (2), Alejandro Leal, Adrián Díaz e Xalo García. Primeira vitoria do Benxamín A no grupo segundo, xa que gañou cun apurado 1-0 ó colista Perlío, tanto de Paulo Cabaleiro. Son sétimos con tres puntos antes de visitar ó oitavo, Cedeira.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (5-2)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES B (6-3)

Gran vitoria, no grupo un, do Prebenxamín A, 5-2 ante o primeiro equipo do Galicia de Caranza, cunha gran actuación de Nacho Villasuso que anotou catro tantos e outro de Xandre Domínguez, co que son terceiros con seis puntos, só superados no grupo dos mellores por O Freixo (9), e Racing de Ferrol (7). Na seguinte xornada visitan ó Numancia, que aínda non esterou o casilleiro. O Prebenxamín B caeu 6-3 en Cedeira ante o terceiro clasificado. Novenos con tres puntos reciben ó quinto, Racing de Ferrol C. Hat trick de Xoel Galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios