Amigus
As Pontes

VIII Marcha Cicloturista ‘Vila das Pontes’

O vindeiro sábado, 11 de Xuño do 2.005, celebrarase a VIII Marcha Cicloturista “Vila das Pontes”, organizada polo Clube Ciclista Vilalba-As Pontes xunto coa colaboración do Concello das Pontes.

Clube Ciclista Vilalba-As Pontes

Seguir lendo…


Con saída en As Pontes, no Pavillón Polideportivo Municipal ás 15:00 horas, o recorrido desta volta cicloturista pasará polo Paraño, Santaballa, Vilalba, Baamonde, Ventisca, Vilariño, Xermade, e, de novo As Pontes. A continuación, existe un tramo libre para os máis folgados: a subida ao Alto do monte Caxado.

Perfil do recorrido

Un total de 92 Km. nos que se contará coa inestimable axuda da Garda Civil de Tráfico, Policía Municipal e Protección Civil.
Ofreceráse:
¡Desfrutar dunha tarde de bon ciclismo!
Sorteo dunha estancia en casa de turismo rural para 2 persoas en réxime de pensión completa.
Avituallamiento na estrada.
Aperitivo para tódolos participantes e os seus acompañantes ao remate da marcha.
Recordo conmemorativo a tódolos participantes (con conmemoracións especiais ao máis veterano, ao máis xoven e ao clube máis numeroso)
Seguro de responsabilidade civil.
Asistencia mecánica gratuita (pezas a cargo do participante)
Servizo de ambulancia e coche basoira.
Servizo de duchas no Polideportivo.
Regulamento
1. O Clube Ciclista Vilalba-As Pontes, coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, organiza a VIII Marcha Cicloturista “Vila das Pontes”, que se celebrará o día 11 de Xuño do 2.005.
2. Esta marcha está aberta a tódolos ciclistas maiores de 15 anos que estén en posesión da licencia federativa do ano en curso.
3. A marcha será neutralizada pola Organización, non podendo adiantar á mesma, excepto nos tramos libres.
4. A marcha está prevista para 150 participantes.
5. Será obligatorio o uso do casco protector.
6. Tódolos participantes considéranse en excursión persoal, debendo someterse ás normas do vixente Regulamento Xeral de Circulación, considerándose persoalmente responsables das infraccións que poidan cometer.
7. A Organización non se fai responsable de ningún accidente do que pudiera ser causa ou víctima o cicloturista, como tampouco se fai solidario dos gastos e das deudas que pudieran contraer os participantes durante a marcha, nin dos extravíos ou avarías que pudieran sufrir as bicicletas ou outros equipamentos dos participantes.
8. A Organización resérvase o dereito de modificar aquilo que as circunstancias aconsellen.
9. O simple feito da inscrición nesta marcha implica a aceptación deste regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización, Patrocinadores e Colaboradores derivados dos danos que se puideran ocasionar na marcha.
Inscrición e pago
A cota de inscripción é de 15 Euros, que se abonarán no Banco Pastor na Conta do Clube Ciclita Vilalba-As Pontes, Nº 0072 – 0206 – 570000107612.
Enviar boletín de inscrición (click para descargar) ou fotocopia, xunto coa fotocopia do resgardo de ingreso no banco e copia de licencia en vigor ou DNI a:
C.C. Vilalba-As Pontes
C\ Cabañas 64, 3º
15320
As Pontes (A Coruña)
Ou por correo electrónico a:
Club@ccvilalba-aspontes.com
Máis información nos teléfonos:
615 067 975
654 166 721

También podría gustarte
Comentarios