Amigus
As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

Despois de dous partidos fóra, o Esteo volve a xogar diante da súa afección contra o Universidad de Valladolid

Difícil e complicado partido para o Esteo, que na súa pista nunca gañou ós vallisoletanos. Na tempada 2013/14 vitoria clara dos visitantes por 1-5. Na seguinte empate a catro goles e na anterior (2015/16), tamén goleada dos vallisoletanos por 2-5. Na súa casa, dous empates e unha vitoria local.

O Universidad está un posto por riba do Esteo con catro puntos máis. Vén de perder na casa dous partidos seguidos, ante o Cuéllar (3-5) e diante do líder Noia; mentres que o Esteo xogou dous partidos seguidos fóra, empatando (3-3) en Alba de Tormes e foi derrotado en Guardo por 6-3.

No equipo pontés é baixa por sanción Lito e é dúbida Álex Garea.

SEGUNDA DIVISIÓN B (15ª xornada)
O ESTEO F.S. – UNIVERSIDAD DE VALLADOLID F.S.
Sábado 4 – Febreiro – 2017 (18,15 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
LIGA PROVINCIAL DE LUGO

SÁBADO 4 DE FEBREIRO (16:00) NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
O ESTEO F.S. “B” – C.D. CUBELAS F.S.

LIGA TERRA CHA
SÁBADO 4 DE FEBREIRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
Ás 10:50 h. Categoría Benxamín: O ESTEO F.S. – CASTRO
Ás 11:40 h. Categoría Infantil: O ESTEO F.S. – A PONTENOVA
Ás 12:40 h. Categoría Prebenxamín: O ESTEO F.S – GUITIRIZ

13ª XORNADA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES
DOMINGO DÍA 5 DE FEBREIRO (19:00), PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
O ESTEO F.S. “B” – RIBADEUME F.S.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios