Amigus
As Pontes

GRAN TEMPORADA DE ALEX ANTÓN CO XUVENIL DO CD LUGO

O pontés Alex Antón Fernández ven de culminar este domingo unha magnífica tempada como adestrador do CD Lugo Xuvenil de División de Honra.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pontés Alex Antón Fernández ven de culminar este domingo unha magnífica tempada como adestrador do CD Lugo Xuvenil de División de Honra.

Alex, de tan só 26 anos, levou ó equipo á cuarta praza do grupo primeiro da máxima categoría do fútbol xuvenil español, tan só por detrás do Campión, Celta de Vigo (74), Sporting de Gijón (69) e Deportivo (67), quedando por diante de equipos coma o Oviedo ou Racing de Santander.

O equipo lucense logrou 61 puntos en 19 triunfos, 4 empates e só 7 derrotas, con 62 goles a favor e 39 en contra, nos que destacan un doble triunfo ante o Santander, 2-3 e 2-1, o triunfo en casa ante o Sporting 1-0 ou o empate ante o Depor 0-0.

A última xornada deixounos tamén a salvación do Areosa, Santiago e Alondras, en detrimento do Avilés, que descende xunto a Marina, Tropezón e Pabellón de Ourense.

Tamén se coñecen os 8 clasificados para a Copa de Campións Xuvenil que se disputará en Galicia, que son os campións do sete grupos, Celta, Osasuna, Barcelona, Málaga, Real Madrid, Las Palmas, Villarreal, e o mellor segundo, Atlético de Madrid.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios