O ESTEO FS – SELECCIÓN GALEGA SUB19 (4-2)

O Esteo pontés venceu no partido xogado este mércores no Pavillón da Fraga.

Este mércores xogou un partido amigable o Esteo pontés de Fútbol Sala, contra a Selección Galega Sub19, no que estaba o xogador Bruno Silvén Fernández.

Adiantáronse os visitantes cun gol de tiro cruzado de Cley, pero pronto empatou Rober Paz, nun golazo no que amagou con dar un pase, para desfacerse do defensa e picar ante o porteiro. Preto do descanso, e facendo probaturas o equipo local con porteiro xogador, anotou Samuel dende o seu campo tras un roubo de balón, pero voltaba a empatar o Esteo cun tiro de Alex Garea que remata Ayala dentro da área.

No segundo tempo, ó pouco do reinicio, centra forte ó segundo pau Alex Garea e empala chegando ó segundo pau Rober Paz. Xa preto do final, gran xogada do Esteo con porteiro xogador que culmina Alex Garea para establecer o 4-2 definitivo, aínda que o encontro rematou cun tirazo ó longueiro de Caínzos.

No Esteo xogaron Pedro, Jandro, Dani, Antón e o porteiro cadete Sergio Cal.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Sergio, Jandro, Pedro, Lito e Ayala –cinco inicial- Dani, Antón, Héctor, Rober Paz, Alex Garea, Iván.

SELECCIÓN GALEGA SUB19: Koke, Cley, Bruno, Nicolás, Nito –cinco inicial- David, Miguel, Mini, Samuel, Dani, Caeiro, Pitero, Caínzos, Edmilson.

ÁRBITROS: Bello Gómez, Dobarro López, Blanco Lamas (Lugo). Amarela a Jandro.

GOLES: Min. 10 (0-1), Cley. Min. 12 (1-1), Rober Paz. Min.18 (1-2), Samuel. Min. 19 (2-2), Ayala. Min. 21 (3-2), Rober Paz. Min. 39 (4-2), Alex Garea.

INCIDENCIAS: Encontro de carácter amigable disputado no Pavillón Municipal da Fraga ante uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios