Amigus
As Pontes

Entrevista ó adestrador do Esteo FS, Javi Saa

O técnico Javi Saa fai balance da tempada que acaba de finalizar

O técnico Javi Saa fai balance da tempada que acaba de finalizar

– Adestrador do primeiro equipo de O Esteo F.S. e Coordinador da Base do Clube eres ademáis adestrador da ADC Moeche de futbol campo. ¿É difícil compaxinar todo iso?

Sinceramente teño que recoñecer que fácil non é, pero non ai maior satisfación que traballar no que a un lle gusta. A chave está en organizarse ben.

– ¿Cal foi o peor momento da tempada?

Quizais destacaría dous momentos, o inicio onde ata a cuarta xornada non fumos capaces de puntuar e comenzou a crear dudas no noso xogo e o último tramo da competición onde despois de ter conseguido o noso obxetivo principal, que non era outro que a permanencia, a relaxación e a falta de ambición pasabanos factura en cada partido.

-¿E o mellor?

Sen dúbida ese tramo intermedio donde o equipo empezou a conseguir o froito ao seu traballo con tan solo tres derrotas en catorce partidos.

– ¿Qué rival puxo as cousas mais difíciles no seu paso por As Pontes?

Tódolos rivais que pasaron por As Pontes demostraron a súa capacidade para competir como visitantes independentemente do resultado final.

– ¿Cómo viche o nivel da 2º División “B” nesta tempada?

Deportivamente vin unha diferenza quizais demasiado grande entre uns equipos e otros, con plantillas mais amplas e compensadas. A competición pronto se partiu en dous e iso provocou unha vez mais que os equipos de sempre se fosen distanciando pouco a pouco e prácticamente sen dar ningunha opción aos demais.

– O Esteo rematou na oitava praza da clasificación, sendo o segundo equipo galego mellor clasificado ¿Esperabaste isto?

O noso obxetivo dende un principio era a permanencia e quedar o mais arriba posible, pero éramos conscientes da dificultade que conlevaba competir con outros seis equipos galegos que buscaban o mesmo que nos. Evidentemente é unha satisfación non solo por iso, senon porque esa posición danos dereito a xogar a Copa Xunta para a vindeira tempada, non debemos de olvidar tampouco que por riba de nos e como mellor clasificado galego quedou o Noia, que se proclamou campión de liga e o cal nos fumos capaces de empatar na súa casa e gañarlle aquí en As Pontes, onde colleitou a única derrota de toda a tempada.

– ¿Cales foron as claves que privaron a O Esteo de estar situado mais arriba na clasificación?

Como xa dixen anteriormente unha das claves e para min a principal foi o mal inicio da tempada en canto a resultados, si é verdade que o calendario foi un pouco caprichoso e tampouco nos axudou moito, nas catro primeiras xornadas enfrentamosnos a grandes equipos como Guardo, Valladolid, Cuellar e Noia, catro dos que ao final quedaron entre os cinco primeiros clasificados. Tampouco debemos de olvidar que partíamos cunha plantilla un pouco corta e que por un motivo ou outro provocou que chegásemos demasiado xustos ao último tramo da competición.

– ¿Cómo foi a relación entre o cuerpo técnico os xogadores?

Mellor do que me esperaba. Dende un principio eles deronse conta de que intentábamos ser o mais profesionais posible e había un profundo respeto hacia o noso traballo.

-¿Qué destacarías dos xogadores que dirixiche esta tempada?

Non só son bos xogadores senon mellores persoas. Houbo momentos de moitisima complicidade entre nós que nos axudaron a sobrepoñernos a cada obstáculo que nos íbamos encontrando polo camiño.

Chegaron esta tempada grandes xogadores e con moita experiencia incluso en categorías superiores, que unidos aos que se quedaron da anterior e que demostraron estar á altura da competición foron capaces de que ao final non se sufrise tanto como se estaba facendo estes últimos anos.

-¿Estás contento có rendemento da plantilla?

Estou contento có rendemento da plantilla ao principio e ata conseguila permanencia, a partir de aí deixamos de competir como viñamos facendo, non fumos capaces de plantearnos novos obxetivos e loitar por eles, como podería ser unha praza para a Copa do Rey na vindeira tempada. Ao final leveime unha pequena decepción da que seguro eu tamén teño unha gran parte de culpa.

– ¿Qué crees que se debe de mellorar para vindeira tempada?

Todo vai en función aos obxetivos cós que o clube parta dende un principio. Baixo o meu punto de vista o mais importante sería dar continuidade ao novo proxecto e ás persoas coas que o iniciei, a partir de aí confiar nelas. Teño a sorte de estar rodeado dun grupo de traballo excelente dende a base ao primeiro equipo.

– En xeral ¿Cómo valoras esta tempada?

Un sempre parte dende un principio con obxetivos ambiciosos, pero logo é o traballo e a propia competición quen pon a cada uno no seu sitio. Despois de analizar todo o pasado e os cambios que houbo na propia estrutura do clube, xogadores, corpo técnico etc., diría que foi unha tempoada aceptable e da que estou seguro todos aprendemos moito.

– Sabemos que tes outro ano mais de contrato có clube ¿Qué lle pides á vindeira tempada, a nivel deportivo?

Poder traballar coa tranquilidade que a directiva me deixou facelo esta tempada pasada e entre todos conseguir loitar por obxetivos un pouco mais ambiciosos dos que se estaba tendo neste clube últimamente.

– Por último unha mensaxe para a afición

Con ela será un pouco mais fácil conseguir eses obxetivos, sen ela imposible.

Gustaría volver a ver o noso pavillón como nos vellos tempos, con toda esa xente que fixo grande o deporte en As Pontes e en especial o Futbol Sala, e por suposto cos nosos nenos da escola e os seus pais disfrutando deste maravilloso deporte ao noso lado en cada partido.

Nova cortesía de Moisés Fernández Pena

También podría gustarte
Comentarios