Amigus
As Pontes

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CATEGORÍAS DE BASE DE O ESTEO FS

O prazo remataría o 10 de Agosto

O conxunto pontés de fútbol sala do Esteo está a confeccionar os seus planteis de cara á nova campaña 2017-18, xa non só no seu primeiro equipo, senon tamén nos conxuntos de base.

O prazo remata o xoves día 10 de Agosto, e hai sete categorías.

Serían Xuvenil (1999-2001), Cadete (2002-2003), Infantil (2004-05), Alevín (2006-07), Benxamín (2008-09), Prebenxamín (2010-11), e incluso biberóns (2012-13).

Quedarían unhas tres semanas de marxe e as diversas solicitudes entregaríanse en Lecar 712.

Por outra banda o primeiro equipo continúa a confeccionar o seu plantel e xa están confirmados Javichu, Héctor e Rober Paz, e procedente do Pontedeume o porteiro Jesús.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios