Amigus
As Pontes

O roubo da Lámpada de Prata

Xa vai para varios anos que buscando acerca de As Pontes no inventario que Madoz realizou no 1845 atopeime, case ó final do artigo o seguinte:

“En 1829 robaron de la igl. una lámpara de plata de bastante valor;”

Foi así como comezou a búsqueda de datos sobre a lámpada e do que acerca dela poidera existir. Os seguintes documentos, atopados nos fondos da parroquia de Sta María de As Pontes (presento a transcripción e os orixinais) son o encargo da lámpada de prata ó orfebre lucense Jose de Liz Ozbazay e a súa factura. A través deles non só é posible saber algo máis de como era, senón que unha da Capela dos Ollos Grandes de Lugo foi seu modelo. Era demasiada a ostentación, que As Pontes tivese unha lámpada coma a dunha catedral, e nada menos que a lámpada da Patroa de Lugo. Pouco duraría a lámpada na Igrexa dende que foi entregada ó cura en 29 de Maio de 1804 ata a súa desaparición en 1929.
Por aquel tempo, segundo figura no libro de fábrica e en inventarios soltos con letra do mesmo crego que a adquiriu (don Felipe Neira), a Igrexa de As Pontes tiña cinco lámpadas, dúas de elas de prata e as outras de metal. As lámpadas de prata eran unha grande (esta) e outra máis pequena, da máis grande dícese que pesaba 222 onzas, a factura do orfebre fala de 6928 reais de vellón, e 17 maravedís.
Xabier Martínez


DOCUMENTO 1

doc1.jpg

Podedes ver as 2 páxinas ampliadas premendo neste enlace
anotacion.jpg

(Anotación de don Enrique: encargo de la lámpada de plata -posteriormente robada- para la Iglesia de Puentes)
Año de 1803
Digo yo Dn Phl (Felipe) de Neira, Cura Rector de Santa María delas Puentes deGarcia Rodriguez, que he encargado y coniatado con D. Jose de Liz Ozbazay contrant por S. M. En esta Cuidad de Lugo y su Provincia en queme haga una Lampara de Plata para mi Yglesia Parroquial de dhas Puentes vaxo las condiciones siguientes: que dcha lampara ha de tener de peso doscientas onzas sobre seis onzas mas ó menos: que su figura o conposicion hade ser á imitacion de una delas quatro que al preste. están colocadas en la Capilla de Nuesra Señora de los Ojos Grandes en la cathedral deesta dcha Cuidad, escepto las quatro tanfetas que tiene enel casco de avajo que intermedian entre las cadenas, en que están figurados los Misterios ó Atributos de la Letanía, pus estos quedan al arvitrio de dcho Dn Josef el estraerlos, ó ensu lugar poner otra cosa que equibalga á ellas. La qual lampara no hade llebar dorado alguno. Yatento el tamaño de aquellas lo es con respecto aquan trescientas onzas que tienen de peso cada una, podrá reducir la quele encargo con arreglo alas Doscientas sobre poco mas o menos, según quenta pero no ha de tener referido. Cuya lampara ajusté con el citado Dn Josef de pagarle i ademas del importe dela plata, poxin echura y trabajo, onze reales por cada onza, y tan luego la tenga construida con su abiso, hade hade ser de mi cuenta, remita por ella y satisfacerle su total importe a lo qual me sujeto y obligo con mi persona y vienes, y de no baxiar este contrato por ningún pretesto, sobre qe constituio obligacion enforma; y para su (ilegible) y balidación le doy elpreste. que firmo estando en la Ciudad de Lugo a ocho de octubre demil ochocientos y tres.
Entre rrengelone noha de tener menos de media bara de Ancho Vª
Felipe de Neyra
DOCUMENTO 2
doc2.jpg

Podedes ver a páxina ampliada premendo neste enlace
Digo yo Dn Joseph de Liz Yozbazay ensaiador, de los Reynos y contraste, en la Provincia de Lugo por S. M. que rrecibe del Lizdo. Sºr Dn Felipe de Neyra, Cura, Réctor de Sta María de las Puentes de García Rodríguez, por mano del Sºr Dn Genaro Bentura Ledo Prbto. la cantidad de seismil nuebecientos cinqta y quatro reales de vellón con diez y siete maravedís pracedidos de una Lampara de Plata que fabrique de su horden para su yglesia parroquial, esasaber los seis mil nobecientos veinte y ocho reales y diez y siete maravedís quetubo de coste dcha Lampara al expresado Sºr Dn Genaro Bentura Ledo, con horden de cho Sºr Dn Felipe de Neyra, y para que conste lo firmo en Lugo a veinte y nueve de Maio de mil ochocientos y quatro.
Josef de Liz Yozbazay
Son 6954 rrs con 27 mars.
lugo.jpg
Capela dos Ollos Grandes de Lugo.
Probablemente as súas lámpadas actuais sexan posteriores pero na que un día tivo, fixouse D. Felipe Neira para a confección da de As Pontes

A LÁMPADA DA VILAVELLA
Fai anos que o Señor Vila tomou esta foto a unha lámpada por encargo do párroco de Vilavella don José María Varela Lage (sacerdote nado en As Pontes o 26-X-1906, ordenado presbítero o 25-V-1929 en Mondoñedo, finou o 30-XI-1983 sendo párroco de Santa María de Vilavella) quen lle dixo que era unha lámpada moi importante.
Segundo contan os veciños, a lámpada chegou á Igrexa de Vilavella a finais do século XIX procedente de terras cubanas. Houbo que traela dende o porto da Coruña nun carro de bois. Din que viña nun gran caixón. O que a facía única era que funcionaba co carburo que se facía circular polas súas tuberías de cristal. Tiña case dous metros de ancho. Coa chegada do fío de cobre ás parroquias (moi caro naquela época), nos anos vinte, adaptouse con fío eléctrico polo exterior das súas tuberías de cristal, e permaneceu nese lugar funcionando con electricidade ata o arranxo da Igrexa hai poucos anos.
Xa deteriorada polo tempo, e polos traslados e almacenamentos dun sitio para outro, foi recollida e mandada a reparar, na medida do posible, hai pouco tempo.
foto_lampada.jpg

ORDE DE NON ENTRAR CON ARMAS NA IGREXA DE AS PONTES INCLUIDOS OS CLÉRIGOS, E ORDE DE QUE VISTAN COMA CREGOS E SE DEIXEN DE PRESUMIR CON SOMBREIROS DE TRES PICOS
Logo de ter contado o relato do roubo da lámpada, comprendemos que aqueles cregos que se movían de aldea en aldea, por lúgubres camiños, a pe, ou dacabalo, buscaron protección e que polo tanto se desplazaban armados.
No libro de fábrica de As Pontes (Arquivo Diocesano de Mondoñedo) nº 1, (1715-1825) conta na páxina 25, como en 1724 deuse a coñecer ós cregos do arciprestado en As Pontes a bula de Inocencio XIII, na que entre outras cousas se esixía ós cregos “vestir como Deus manda”. Di así:
“Debiendo traer coronal abierta al cuello, y Albino clerical; no lo acen aciendo lo contrario, Fajin, pelucas, sombrero de tres picos, espada y espadines, y Bestidos de color como seculares, con corbatas y lienzos y al pescuezo mandagnesas altas…”
No libro parroquial fanse constar as palabras do Papa e na páxina 34, xa no ano 1730, dícese de novo:
“Que ninguna persona entre en la Igl. con espuelas, pelo atado ni escopeta, pena de dos reales para la cofradía del Ssmo Sacramto. y ningún clérigo entre en ella con gorro, ni asista a los divinos oficios con botas, ni incelo ni alzacuello, ni haga exorcismo a pena alguna sino publicamente en la Iglesia pena de excomunión maior…”
Así foron aqueles tempos nos que se levantou o actual campanario da Igrexa de As Pontes (1730), e no que os cregos circulaban con estas roupas polos camiños coma se fosen personaxes do teatro de Alarcón, con espadas e espadines, pescozos ó estilo Cervantes e sombreiros de tres picos.
Xabier Martínez

También podría gustarte
Comentarios