FOTOS. ANDY CAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA
O futbolista do Esteo gañou o Campionato Galego coa Selección ferrolá
O xogador pontés Andrew Blanco García-Valenciano “Andy” gañou este mércores o Campionato Galego de Seleccións Comarcais disputado en Narón.
O xogador do Esteo participou nos catro encontros da selección ferrolá, contra A Coruña (1-1), Lugo (2-1), Santiago (4-0), e na final ante Vigo (3-2), na que ademais anotou dous tantos.
Nova cortesía Xose Cendán Montero e X.F.