Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 3-4-5 NOVEMBRO

O As Pontes visita este domingo ó terceiro clasificado, o gran equipo do Polvorín

O CD As Pontes visita este domingo, ás 16:30, en encontro arbitrado por Borja Allo Casal (Vigo), o Campo do Ceao para xogar contra o filial do CD Lugo, o Polvorín, un dos mellores equipos da categoría.

O clube lucense ten un gran plantel, contando, entre outros, con Fernando Cuadrado, o máximo goleador da categoría, e que leva anotados 12 dos 25 goles do conxunto lucense.

Tamén o porteiro Pablo Cacharrón, o defensa Pedro López e o dianteiro Dani Escriche, que adestran habitualmente co CD Lugo, primeiro clasificado da Segunda División. Tamén están o dianteiro ex internacional español sub16 Denis López, ou Manu Mariña, ex xogador do equipo pontés.

Cuartos con 18 puntos, a tres do propio Polvorín, seis do Arzúa e nove do Paiosaco, os ponteses afrontan un encontro trascendental de cara ás súas opción de ascenso.

PREFERENTE
POLVORÍN SD-CD AS PONTES (DOMINGO 5, 16:30)

FEMININO
SDC A CAPELA-CD AS PONTES (SÁBADO 4, 19:30)

XUVENIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (SÁBADO 4, 16:30)

CADETE
CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO (VENRES 3, 17:00)

INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (SÁBADO 4, 10:30)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EFR RACING DE FERROL B (SÁBADO 4, 10:15)
MEIRÁS CF A-CD AS PONTES B (VENRES 3, 18:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (SÁBADO 4, 11:25)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (SÁBADO 4 17:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CULTURAL MANIÑOS SD (SÁBADO 4, 12:35)
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES B (SÁBADO 4, 12:25)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios