DOUS XOGADORES DO CD AS PONTES CONVOCADOS PARA O TORNEO DE ABEGONDO

A selección de Ferrol xogará contra o Deportivo, A Coruña e Santiago

Os xogadores do Alevín do CD As Pontes, Xandre Fernández Tembrás e Anxo Blanco Ardao, foron convocados pola selección ferrolá sub12, para a disputa do torneo de Abegondo.

O combinado ferrolán xogará nun cuadrangular contra o Deportivo de A Coruña e as Seleccións de A Coruña e Santiago.

Esta é unha convocatoria de mérito, pois son só 16 os futbolistas elixidos, sendo catorce ós que xogarán no Torneo de Seleccións Comarcais.

Tamén durante esta semana adestrará outra vez a sub12 feminina, e entre as 20 convocadas están as xogadoras pontesas Patricia Adega e Andrea Cruz.

Os 16 convocados son os seguintes:
EF Racing de Ferrol: Adrián Bouzas, Lucas Martínez, Lucas Castro
SCDR Galicia de Caranza: Íker Castro, Diego Miranda, Brais Varela
SD O Val: Raúl Primoy, Bruno Fonticoba
SCDR Narón O Freixo: Martín Hernánez, Bruno Gondar
CD As Pontes: Anxo Blanco, Xandre Fernández
Eume Deportivo: Iago Rojo
SD Cedeira: Javier Pita
SDR Numancia de Ares: David Vilasánchez
FC Ortigueira: Elías Otero

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios