Esta liga de nivel provincial, aínda que na cita pontesa debutará o colexio vilalbés Insua Bermúdez, non ten outro fin máis que promocionar a práctica do hockey entre os máis pequenos e facerlles un primeiro achegamento a este deporte a nivel competición. Os partidos xóganse ó ancho da pista, polo que ó mesmo tempo poderán disputarse dous encontros. Trala recolocación das vallas de pista por parte do Concello de As Pontes, o pavillón da Magdalena volverá a acoller competición de hockey a patíns despois de moitos anos.
Participarán nesta xornada os clubs Riazor e Obradoiro de A Coruña, o Compañía de María de Ferrol, o debutantes Insua Bermúdez de Vilalba, así como o anfitrión H.C. As Pontes.
Agárdase un moi ambiente tanto na pista como na grada, con nutrida presencia de visitantes.

Nova cortesía do Hockey Club As Pontes
Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.