Amigus
As Pontes

I Xornada Feminista

O Colectivo Feminista de As Pontes convidamos a toda a veciñanza a participar na nosa “I Xornada Feminista” que terá lugar mañá sábado 10 de marzo.

O día comezará no Mercado Municipal (por causa da chuvia), ás 11.30h, cunha ruada feminista para visibilizar as mulleres da vila. Será un evento festivo, polo que animamos ás asistentes a que traian os seus instrumentos!

A partires das 12:30h, no salón de actos da Casa Dopeso lerase un manifesto e farase unha presentación do Colectivo. A continuación, proxectarase a curta “Matria” recentemente gañadora dun Mestre Mateo, ademáis de outros premios a nivel nacional e internacional. Acompañaranos o seu autor, Álvaro Gago.

Arredor das 14:00h, realizaremos un xantar de convívio entre as asistentes. Tamén contaremos con música e ata un Photocall.

Pola tarde, a partires das 17:00h na primeira planta do Mercado Municipal, celebraremos unha palestra sobre economía feminista, na que nos acompañarán:
– María de La Fuente, que nos contará a situación de discriminación laboral á que se viu sometida por ser nai;
– Amaia Santamarta, da cooperativa de mulleres Bico de Grao, que nos contará a súa experiencia de cooperativismo;
– Sofía Riveiro, educadora social, que nos contará o seu traballo diario con mulleres e as súas experiencias;
– Nicolasa Castro, Secretaria Comarcal de Mulleres da CIG Ferrol, que contará a situación laboral das mulleres na comarca.

Para rematar a xornada, e na mesma sala do Mercado Municipal, un recital no que contaremos coas poetas Luz Campello e Silvia Pardo Galdo.

Libres! Diversas! Insubmisas! Onte paramos o mundo, hoxe podemos cambialo!

También podría gustarte
Comentarios