Amigus
As Pontes

Análise de seguridade das máquinas de voto electrónico

Lendo agnix.org:
“A Universidade de Princeton vén de facer público un novo, completo e demoledor estudo (pdf, 24 pp., 1.6 MB) sobre a seguridade da máquina Diebold AccuVote-TS, unha das máis empregadas en procesos electorais reais, con 33.000 exemplares en servizo nos Estados Unidos.”…


…”O documento conclúe que a máquina é vulnerable a varios ataques extremadamente serios que minan a precisión e a credibilidade dos recontos de votos con ela realizados…
A modo de exemplo:
– Software malicioso pode roubar votos sen ser detectado.
– Este software pode instalarse en menos dun minuto por calquera con acceso físico á máquina. Na práctica moitos empregados e outras persoas dispoñen acceso non supervisado ás máquinas.
– Aínda que algunhas das vulnerabilidades detectadas poderían liquidarse mediante cambios no software, outras son inherentes ao hardware utilziado. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios