Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo dia 22 a Liga Local de Futbol Sala retoma a súa actividade coa disputa da xornada número 19.

A competición encara a recta final dunha tempada, marcada pola igualdade existente entre os equipos situados nas catro primeiras posicións da táboa clasificatoria, coa disputa dunha xornada que comezará as catro da tarde có enfrontamento entre o UB2 Group-Pub Plaza e o Ribadeume Futsal. Neste encontro o UB2 Group-Pub Plaza tentará conseguir a vitoria para seguir coa boa dinámica de resultados que o acerque un pouco mais a esa deseada quinta praza que evita xogar a ronda previa da Copa. Unha quinta praza pola que pelean catro equipos e na que polo momento situase o Ribadeume Futsal.

A continuación o líder, A Cova dos Trasnos, medirase a un sempre correoso Andaina-Centro Futbol que tentará facer bon o punto conseguido na anterior xornada e ademais buscará dar a sorpresa ante un líder que na última xornada sufriu moito para derrotar a por un escaso resultado de 1-2 a un equipo da parte baixa da táboa como é o Pub Mania-Las Torres.

Ás seis da tarde Novostylo Peluqueros enfrontarase ao colista da competición o Matojoma NG UB2 F.S. nun encontro onde os de Vilalba parten como claros favoritos para conseguir a vitoria ante un colista que segue sin puntuar.

Ás sete da tarde O Esteo F.S. “B” e Pub Mania-Las Torres disputaran un encontro que se prevee moi igualado e no O Esteo buscará a vitoria para seguir tendo, iso si mínimas opcións de eludir a fase previa da Copa Local. Pola contra o Pub Mania-Las Torres quererá seguir coa boa imaxe dada ante o líder a xornada anterior pese á derrota sufrida.

Para cerrar a xornada Os Tritós-Desguaces Vilabella buscará a vitoria diante do Colormix despois do inesperado pero xusto empate que colleitaron a pasada xornada no derbi parroquial ante o Ribadeume Futsal. Pola súa contra o Colormix, que leva sen xogar prácticamente un mes debido á concidencia dos paróns da competición e que cumpriu coa súa xornada de descanso, tentará non perder a estela do líder a falta de catro xornadas para que acabe o campeonato. No partido da primeira volta o resultado entre ámbolos dous conxuntos saldouse con vitoria do Colormix por 1-0 o que unha idea da igualdade existente entre estes dous conxuntos.

A continuación deixamosvos cós horarios dos emparellamentos desta xornada número 19.

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – RIBADEUME FUTSAL
Ás 17:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – A COVA DOS TRASNOS
Ás 18:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – MATOJOMA N.G. UB2 F.S.
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – PUB MANIA-LAS TORRES
Ás 20:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – COLORMIX
Descansa HUSSE-BARBARROJA

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios