O domingo 18 de febreiro celebramos nas Pontes a XXVII edición desta feira, a primeira feira adicada ao grelo que se celebrou en Galicia.

Preme na imaxe para ve-lo programa interactivo
Cartel realizado por Elisardo Daniel Barcala Dorado
A primeira hora da mañá os participantes nos concursos de cestas con grelos (con premios para a calidade, traballo máis enxebre e cesta maior adornada) iranse achegando á Rúa Ramón Cabanillas para presentar as súas cestas a concurso. Logo de que o xurado faga unha valoración e presenten os premiados, os grelos poderán poñerse á venda. Entre todas as categorías premiadas repartiranse 2.100 euros .Cada participante percibirá 20 euros en gastos de desprazamento. A concurso se presentan produtores non só das Pontes, senón tamén doutra comarcas limítrofes: Guitiriz, O Freixo, Cedeira, Narón, Vilalba, Cabanas, Xermade, en total no anterior edición se presentaron 60 cestas.
Ademais do concurso no feira poderá visitarse unha mostra de productos agroalimentarios e artesanais, nesta mostra acoden expositores de diversas partes de Galicia, pero sobre todo da comarca do Eume: teremos mel, queixo e requeixo de Eume; a agrupación agroalimentaria do Eume exporá os seus productos naturais; os típicos mantecados e polvoróns das Pontes tamén estarán representados, e unha variedade de productos: artesanía en tela, en coiro, instrumentos musicais, etc.
Dende as 12.30 h poderase degustar o cocido e requixo con mel. Este ano se encargaron 700 racións, que se poñerán á venda a un prezo de 6 euros. A degustación será no patio do Colexio Sta. María, baixo unha carpa e mesas e sillas con capacidade para 500 persoas.
Dende primeiras horas da mañá o que máis chama a atención dos visitantes é o olor a freixós que inunda toda a vila; e que dende as 6 da mañá comeza a funcionar a freixoeira instalada nos baixos do mercado municipal. Esta freixoeira mide 8 m de longo, facendo un total de 56 freixós en cada pasada. A freixoeira funciona tamén o o venres día 16, xa que ese día se fan para todos os escolares das Pontes. Os freixós e poñense á venda a un prezo de 1 euro por catro unidades.
Ademais os visitantes que se acheguen ás Pontes, poderán visitar a Casa do Mel en Goente, o museo etnográfico Monte Caxado e unha exposición de torneado en madeira na sala de expsocións Mercado VEllo.
Xa pola tarde, se celebra o IV Festival de comparsas vila das Pontes; entre todas as comparsas participantes se repartirán 2.100 euros. O prazo para apuntarse a este festival remata o venres 16.
O presentador do festival é o actor e humorista Carlos Blanco.
O martes 20, celebramos a cabalgata de entroido para a que xa está aberta o prazo de inscrición. Todos os interesados en inscribirse nesta cabalgata poderán facelo no Dpto. de Cultura (Casa Dopeso), atoa o mesmo martes ás 14h. En total repartiranse 2.655 euros en premios.
A continuación da cabalgata celebrarase un baile de entroido no patio do colexio Sta. María, coa orquestra Paris de Noia.
Cortesía Dpto. de Cultura do Concello das Pontes