AXENDA 21 EUROEUME

Como xa informamos con anterioridade, os concellos de A Capela, Cabanas, Moeche, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior acordaron a finais de 2005, no marco da asociación para o desenvolvemento rural EuroEume, e xunto cun total de 63 entidades asociativas, elaborar unha Axenda 21 Local.


Este proceso foi desenvolvido en dúas fases ao longo do pasado ano 2006. A primeira tiña como obxectivo a elaboración dun diagnóstico de partida, e foi realizado a través dunha auditoría técnica e da realización de Foros de debate social en todos os Municipios, así como dunha Xornada de encontro Intermunicipal para o tecido social e Institucional. A segunda fase tiña como obxectivo definir un Plan de Acción, e foi realizado a través do traballo combinado dos Técnicos Municipais e do equipo Técnico da propia Axenda, así como da realización, novamente, de Foros de debate social no conxunto de municipios e dunha segunda Xornada Intermunicipal.
No momento actual, o Plan de Acción da Axenda 21 ven de rematar a súa redacción final; concretando un esquema de actuación para os futuros anos que pretende coordinar esforzos e recursos para a promoción dun desenvolvemento sustentable no territorio integrado polos citados municipios.
Con este obxecto, o Plan de Acción incorpora as seguintes liñas estratéxicas de traballo:
Eixe I: promoción do benestar social no territorio e da calidade de vida dos seus habitantes:
Programa 1.1. Mellora da dotación de infraestruturas eléctricas e de comunicación telemática no territorio.
Programa 1.2. Ampliación da actividade sociocultural e apoio á vertebración do tecido asociativo.
Programa 1.3. Dotación de recursos asociados ás TIC no territorio.
Programa 1.4. Mellora do transporte público e redución das desigualdades no acceso aos servizos.
Programa 1.5. Promoción da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
Programa 1.6. reforzo da dotación de infraestruturas e equipamentos de atención ás persoas.
Eixe II: promoción dun desenvolvemento económico asentado na posta en valor dos recursos do territorio e na idea da sostenibilidade territorial:
Programa 2.1. Dotación de solo industrial e empresarial desde criterios de sostenibilidade e desde unha coordinación supramunicipal.
Programa 2.2. Dinamización e diversificación do tecido empresarial do territorio.
Programa 2.3. Posta en valor dos recursos humanos do territorio e fomento dun emprego de calidade.
Programa 2.4. Promoción de estratexias de aproveitamento multifuncional e integral do monte.
Programa 2.5. Promoción da produción agraria, asociada á calidade e a unha imaxe de territorio.
Programa 2.6. Promoción dos recursos turísticos do territorio asociada aos seus valores ambientais e patrimoniais.
Eixe III: conservación e ordenación dos recursos e valores medioambientais, patrimoniais e urbanísticos do territorio:
Programa 3.1. Mellora na conservación dos recursos ambientais e patrimoniais do territorio.
Programa 3.2. Promoción do aforro e dun maior nivel de autosuficiencia enerxética no territorio.
Programa 3.3. Mellora na xestión de residuos e peche do ciclo dos recursos.
Programa 3.4. Mellora na xestión dos recursos hídricos, na rede de abastecemento e saneamento do territorio.
Programa 3.5. Promoción dunha ordenación sostible dos usos do solo e a calidade ambiental do territorio.
Programa 3.6. Desenvolvemento de accións de sensibilización e educación ambiental cara á sustentabilidade do territorio.
Programa asociado ao 3.6. Implementación dunha Axenda 21 Escolar.
Este martes, día 24 de abril, ás 18,30 h, no Centro Social de A Capela (situado a carón do Centro de Saúde), terá lugar unha xuntanza na que participarán os Alcaldes dos municipios, así como o Presidente da Asociación EuroEume, co obxecto de realizar un peche Institucional do proceso e valorar conxuntamente o escenario de futuro que se abre a partir da aprobación do Plan de Acción.
Para máis información:
– Jorge Fente-Coordinador da Axenda 21: 627 570 943
– Asociación EuroEume: 981 440 729

También podría gustarte
Comentarios