Amigus
As Pontes

Clube de Montaña Caxado de As Pontes

Dende o Clube de Montaña Caxado de As Pontes, envianos a información das actividades que estan a realizar, saídas case que tódolos fins de semana polos arredores (fragas do Eume, Forgoselo, Ortegal…) e outras máis “importantes” como a que fixeron a pasada ponte do Pilar.
picos1.jpg


Un total de doce membros do clube, foron os Picos de Europa. Alí fixeron varias ascensións a varios picos e rotas varias no macizo central.
Aquí tedes un pequeño relato da marcha:
Son as tres da madrugada do 12 de Outubro. Un grupo de veciños de As Pontes, pertencentes o Clube de Montaña Caxado, reúnimonos para sair xuntos cara os Picos de Europa en Asturias. A intención é chegar cas primeiras luces do día o comezo da ruta que tíñamos planeada xa que é preferible ter todo o día por diante o tratarse de unha camiñada bastante dura, con un desnivel de máis de 1700 metros dende o punto de partida ,Puente Poncebos no comezo da ruta do Cares a 250m sobre o nivel do mar, ata o refuxio de montaña Martín Lueje a 2100m.
A dureza da ruta non tarda en chegar, e pronto atopamos a canal de Muesa con un desnivel de 400 metros en pouco máis de un kilómetro de avance. Logo de superala, chega o descanso e as vistas impresionantes do macizo occidental. O camiño continúa sempre ascendendo, entre pradeiras. Canto máis ascendemos menos vexetación aparece dando paso a rocha caliza.
Logo de seis horas de camiñata, chegamos o refuxio onde finalmente recobrar forzas para o día seguinte. O pico dos Cabrones ofrécenos a súa cara máis fermosa e intimidante.
picos2.jpg
O sábado, facemos varias rotas, e ascendemos picos coma a Párdida e o Neverón do Urriello. O camiño e todo por pedras, xa que nos atopamos por riba dos 2000 metros sobre o nivel do mar, e a vexetación e moi escasa pola dureza do clima. Inda así, os rebecos parecen non ter problema e atopar algo que levarse a boca, xa que son facilmente vixibles todo o tempo acómpañándonos no camiño.
O domingo, toca voltar a casa. Cambiamos a ruta de descenso e pasamos polo refuxio de Vega Urriellu, os pes do impresionante Naranjo de Bulnes, cos seus casi 600 metros de rocha vertical. O camiño de volta e costa abaixo pero as pernas sufren igualmente xa que ademáis do cansancio acumulado dos días anteriores, a forte pendiente e o peso da mochila fan ter que pisar con forza e non ir o chan.
Xa no pueblo de Bulnes, toca un descanso merecido logo de tres días de camiñadas polos impresionantes Picos de Europa.
picos3.jpg
Para máis información podedes contactar co Clube de Montaña Caxado de As Pontes neste email.
Moitas gracias a Jorge pola información.

También podría gustarte
Comentarios