Hoxe ás 21:00h, teatro no Alovi: ‘Comida chinesa’

comida_chinesa_01.jpg
Xénero: Comedia de intriga.
Público: Adulto.
Duración: 1 h.
Prezo: 3 € (entrada normal) – 1,5 € (maiores de 65 anos, carné xove ou carné estudiante menor de 26 anos) [O prezo das entradas está aínda por confirmar]


Un violador e asasino en serie e a nai dunha das súas posibles vítimas xuntos nun apartamento. Ela foi a súa psiquiatra na prisión. El é o seu paciente favorito. Unha relación imposible e enfermiza. O amor e a vinganza. O desastre e a éxtase. A vida. A morte e a doncela ou O silencio dos cordeiros. Un traballo diferente para un actor e para unha actriz. Un autor novo. Para sempre un desafío. Un tema aínda nunca tratado no teatro feito en Galiza. Un combate dialéctico e físico a un só asalto.
Construindo “Comida Chinesa” :
Comida chinesa é unha obra para dous actores e, sen embargo, ten un ritmo trepidante. É herdeira, culturalmente, do cinema. As súas personaxes están nas cabezas de todos os espectadores. A información que se nos dá resulta recoñecible.
Aínda hoxe, os psiquiatras non son quen de explicar que pasa pola mente dun asasino en serie. Moi poucos admiten a súa culpabilidade ou teñen sentimento de culpa polos seus actos. Case nengún se arrepinte e a moi poucos se lIes encontra unha motivación concreta que os leve a cometer os seus crimes.
Comida chinesa afonda no universo dos psicópatas, mais non propón un mundo de bós e malos. Non introduce nengún maniqueismo. Todos son xulgados. A vítima e o criminal aparecen diante dos nosos ollos en pé de igualdade. O autor fuxe, conscientemente, dos favoritismos. E é precisamente este enfoque o que fai novedoso o texto.
Na súa liña de facer propostas diferentes, Teatro de Adro, sorprendenos agora cunha obra descarnada, realista, provocadora na que os seus protagonistas vivirán un tempo definitivo da súa existencia nun espazo obsesivo e onde a cama será o lugar polo que xire unha grande parte da acción.
A construcción dunha banda sonora que nos evoque determinadas atmosferas do imaxinario colectivo, xunto coa presenza da imaxe gravada a través dun video que nos aporte novos prismas argumentais serán dúas das características que desde a dirección definirán a nosa aposta.
El e Ela:
El
Un home recollido sobre si mesmo. Atormentado, mais tamén sinxelo. Apacible pero cheo de enerxía interior. Buscando un camiño que desde hai anos xa está quebrado. Pasos sobre un sendeiro imposible. Exconvicto. Antisocial. Desganado coa súa propia existencia e coa do mundo.
Ela
Fría e paixonal, aparece diante de nós como un arrecendo de calor que agocha unha vinganza calculada. Medita as súas accións e movementos e tamén os seus desexos. Unha nai coraxe cun alto nivel económico. A súa vida non hai quen a endereite. Cre nas súas propias mentiras, ou non.
Elenco:
Rubén: X. A. PORTO “Josito”
Raquel: MÓNICA GARCÍA
Deseño cartel e fotografía: MIGUEL CASTRO
Maquillaxe e vestiario: PALOMA UCIEDA
Deseño luces: AFONSO CASTRO
Espazo escénico: AFONSO CASTRO
Deseño sonoro: RÓMULO SANJURJO e M. LADRÓN DE GUEVARA
Banda sonora: A CARICIA DA SERPE
Letra canción “Psiquiatría italiana”: LINO BRAXE
Técnico grabación: ARTURO KRESS
Actores/actrices vídeo:FERNANDO DACOSTA, BELÉN CONSTENLA, CÉSAR CAMBEIRO, SHEYLA FARIÑA, EVA SALINAS, ANDREA ESPIÑEIRA
Voz presentador: LINO BRAXE
Textos vídeo: CHARLES BAUDELEAIRE, ARIEL DORFMANN, LINO BRAXE
Realizador vídeo: JOSITO PORTO
Montaxe vídeo: MIGUEL CONDE
Axudante de dirección: SABELA AMADO ROJO
Produción executiva: ELENA BENITO
Tradución, adaptación e dirección: LINO BRAXE
Agradecementos:
Sociedade de instrucción e recreo “La Juventud de Cecebre”, Fernando Esclusa, Fundación “Wenceslao Fernández Flórez”, Radio Nacional de España, Celia Díaz e Manolo Codesido, CDG.
Info recollida da web de turvilagarcía.

También podría gustarte
Comentarios