As Pontes xoga esta tarde no campo do Noia

[Diario de Ferrol] O C.D. As Pontes xoga esta tarde en Noia coa intención de confirmar a reacción das últimas xornadas. Para iso terá que sobrepoñerse ó problema xa endémico das baixas, que volven ser numerosas. Amil tan só recuperaba a Manel para este partido, pero diante das baixas por sanción de Paz e Fornos, tivo que incluir tamén a Rebolo, e Suso, que só saltarán ó campo se son imprenscindibles.


E é que tampouco van estar os lesionados Ferreiro, Alberto, Rubén, Aguado e Roca, nin Pirri, que causou baixa esta semana no equipo por motivos laborais. Para completar a convocatoria, o preparador dos ponteses tivo que chamar a un xuvenil do B. A alternativa será para o medio Noé.
O As Pontes agarda poder irse ó parón do Nadal volvendo engancharse ós postos de arriba, e que este tempo de descanso lle sirva para recuperar xogadores, e sair desta racha tan negativa de lesións.

También podría gustarte
Comentarios