PREFERENTE NORTE. SD AGOLADA 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes rescata un punto no último suspiro

Complicada visita a que tivo o As Pontes a terras pontevedresas para medirse ao Agolada. Ben é certo que o conxunto local marcha antepenúltimo e todos os equipos grandes gañaron no seu feudo, pero tamén o é que o fixeron pola mínima e con moito sufrimento.

E iso padeceu onte o conxunto azul no campo do Hospitalillo, nunha primeira metade onde dominaron os locatarios, que anotaron un tanto por medio de Aitor Hurtado, que xa suma 14, que lle gañou as costas a Rivas e Traba e marcou picando o balón ante a saída á desesperada de Paco (23´). 

E gracias, porque o mesmo xogador pouco despois voltou a gañarlle a partida os dous defensas e voltou a picarlle o balón a un Paco que volveu quedar só, pero por sorte o colexiado anulou o gol decretando fóra de xogo. 

Xa anteriormente David Pereiro rematara por alto nunha acción similar na que tamén se desfixera de Rivas e Adrián (18´), e ao pouco do comezo un xogador local marchouse pola liña de córner cun centro perigoso que por sorte non acabou en gol (5´). 

Isto foi o máis salientable do primeiro período e no segundo o As Pontes saiu a polo gol e a mellorar a imaxe ofrecida nos primeiros 45 minutos, embotellando ó equipo local que se encerrou buscando algunha contra e asegurar os tres puntos.

Sen embargo, non conseguían os azuis xerar grandes ocasións de perigo, botabase de menos a Bossa e Rego, e o máis salientable de feito foi nunha das poucas aproximacións locais, un disparo de Santi Castro que marcha rozando o poste (67´).

Cando parecía todo perdido, con pouco tempo para o final sacou unha falta lateral Fidi, cabeceou Dani, e o balón entra tras petar no pau (84´), conseguindo o seu 17º gol. O que é o fútbol, co que lle custou os azuis marcar, apenas un minuto despois tivoa clarísima Pardo, que quedou só e con campo por diante, pero acabaselle botando un defensa enriba e vaiselle moi longo o control atallando Alex (86´). 

Un remate de cabeza do propio xogador de Ortigueira que atrapa o porteiro cunha estirada (91´) foi o máis reseñable de aquí ao final dun partido no que Dani foi expulsado rigurosamente no último minuto tras facer dúas faltas en todo o encontro pero coa satisfacción de conseguir o gol que rescatou un punto nunha mala xornada na que gañaron todos os equipos do segundo ao sexto clasificado.

Con 75 puntos, doce sobre o Viveiro e dezaseis sobre o Noia, na vindeira xornada, o sábado, visita O Poboado o Atlético Coruña Montañeros. 

SD Agolada. Alex, Daniel, Miguel, Alexandre, Joel (Santi 66´), Rubén (Alex Rivas 90´), Monterroso, Diéguez, David (Bieito 76´), Aitor, Marcos. 

 CD As Pontes. Paco, Ramos (Criado 79´), Alex, Martín (Sánchez 45´), Rivas, Adrián, Quique (Josiño 79´), Dani, Carlos, Fidi, Pardo.

Goles: 1-0, Aitor Hurtado (23´), 1-1, Dani (84´). 

Árbitro: Diego Gándara Bello (A Coruña). Auxiliado por Bermúdez Seoane e Cedeira Méndez. Amarelas a Daniel, Rubén, Marcos, Monterroso, Pardo. Expulsou por doble amarela a Dani (94´). 

Campo e incidencias: Campo do Hospitalillo. Uns 150 espectadores, en tarde encapotada.   

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios