LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Muebles Eume e La Bamba afianzanse no alto da táboa con 28 puntos

Undécima xornada, e última da primeira volta, da Liga pontesa de Veteranos e segue a poxa entre os dous primeiros nunha xornada na que La Bamba gañou con solvencia 3-0 ó As Pontes 74 e máis apurado foi o triunfo de Muebles Eume 1-0 ante o Farmavida. 

Por riba, a derrota da Cepa 1-3 ante La Galaxia case deixa a pelexa polo título, salvo que deixen moitos puntos polo camiño na segunda volta ambos, en mans de só dous candidatos.

La Bamba e Muebles Eume suman 28 puntos, por 19 de A Cepa, 17 de La Galaxia, 15 de MMYPEM, 13 de Estanco Mari Carmen, e 12 de Jeycar. Con sete quedan Farmavida e Electricidad J&O, cinco para Bar Encanto e tres para As Pontes 74. 

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Bamba 3 – As Pontes 74 0
MMYPEM 1 – Electricidad J&O 1
La Galaxia 3 – A Cepa 1
Jeycar 3 – Estanco Mari Carmen 1
Muebles Eume 1 – Farmavida 0
Descansa Bar Encanto Lecar 712

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 16. 19:30. MMYPEM-Estanco Mari Carmen 
Día 16. 20:30. Electricidad J&O-As Pontes 74
Día 17. 10:00. Muebles Eume-La Galaxia
Día 17. 11:00. La Bamba-A Cepa
Día 17. 12:00. Jeycar-Bar Encanto Lecar 712
Descansa Farmavida

Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios