Amigus
As Pontes

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

O Muebles Eume asalta o liderato

Decimo cuarta xornada na Liga pontesa de Veteranos na que o interese estaba no duelo entre os dous primeiros clasificados imbatidos. Un triunfo de La Bamba deixariao preto do título con cinco puntos de ventaxa, pero foi Muebles Eume o que se levou o gato á auga, vencendo 3-1 polo que agora é líder cun punto de ventaxa mailo goal average.  

Ao descanso chegouse con 2-1, e pese a que La Bamba puido empatar nunha boa ocasión de Narciso que disparou alto, preto do final, nunha contra de Muebles Eume, tras un disparo que petou no poste, o balón quedou morto na área pequena marcando a porta baleira o 3-1 definitivo. 

Así as cousas, lidera Muebles Eume con 35 puntos, seguido con 34 por La Bamba. Nun segundo escalón, con 22 queda MMYPEM, 20 ten A Cepa, 18 Jeycar e 17 La Galaxia e Estanco Mari Carmen. Por abaixo, Bar Encanto  suma 9, Farmavida e Electricidad J&O 8, e As Pontes 74 suma 7.  

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Jeycar 1 – La Galaxia 0
Estanco Mari Carmen 1 – Electricidad J&O 1
Bar Encanto Lecar 712 1 – As Pontes 74 1
MMYPEM 0 – Farmavida 0
Muebles Eume 3 – La Bamba 1 
Descansa A Cepa

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 6. 19:30. La Galaxia-MMYPEM
Día 6. 20:30. Bar Encanto Lecar 712-Electricidad J&O
Día 7. 10:00. A Cepa-Jeycar
Día 7. 11:00. La Bamba-Estanco Mari Carmen
Día 7. 12:00. Farmavida-As Pontes 74
Descansa Muebles Eume

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tomás Franco

También podría gustarte
Comentarios