O Fendetestas mídese ó Zalaeta na recta final da competición galega

[Diario de Ferrol] Mañá volve a liga do rugbi para o C. R. Fendetestas, que xoga na casa co filial do Zalaeta de A Coruña. Os herculinos, que ocupan o penúltimo posto da táboa, veñen de reforzarse con xogadores que militaban no primeiro equipo, da liga estatal, aproveitando que remataron xa a competición regular.


O partido vaise xogar ás cinco menos cuarto, e os locais precisan gañar para seguir tendo algunha opción de rematar terceiros, praza que terán que xogarse a semana que ven a domicilio co equipo que actualmente a ocupa, Vigo R. C.
Cando menos, a eliminación da Copa e o descanso da Semana Santa serviu ós verdes para recuperar xogadores, e anque seguen as baixas, de longa duración, Txou, Paco, Pablo e Manolo, si volven Kike, Toño, Rob e Xose.
Os xogadores ponteses teñen un choque menos que o resto dos equipos polo que o obxectivo de alcanzar o terceiro posto pasa por impoñerse tanto a olívicos como ós ferroláns.

También podría gustarte
Comentarios