O Museo das Peregrinacións podería cambiar de sede por falta de espacio

“O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela podería abandonar a Casa Gótica para se instalar nun recinto de maior capacidade. É unha das opcións que Xunta e Ministerio de Cultura barallan para dar unha solución definitiva ós problemas de espacio que lastran a esta institución, que no 2001 cumpriu medio século de vida.”…


…” ‘Coas instalacións que temos agora o museo non pode desenvolver as súas actividades’, sinala Bieito Pérez Outeiriño, director do centro, que destaca que as administracións son conscientes da ‘urxencia’ de dar solución ó problema. Actualmente no recinto só ten cabida unha mínima parte dos fondos artístiticos e históricos da institución. Ademais, carece de espacios para desenvolver outras actividades que non son expositivas, como por exemplo a restauración. O recinto tamén é o depositario de todos os achados arqueolóxicos que se rexistren no municipio, con excepción da Catedral, que conta co seu propio museo para custodiar estes fondos.
Nunha cidade onde é obrigatorio realizar catas arqueolóxicas dentro da zona monumental cando se fagan obras a determinada profundidade, o museo recibe cada ano varias caixas de elementos e fragmentos que non ten onde estudiar e almacenar.
O cambio de sede non é a única opción para resolver estas dificultades de espacio. Outras alternativas en estudio pasan pola ampliación do recinto adquirindo edificacións próximas. Neste sentido, o director do museo resalta que ‘hai varias posibilidades’ nesta liña.
Non obstante, independentemente dos plans de futuro para a ins titución, Cultura inviste este ano máis de trescentos mil euros en diversas melloras no recinto. Entre elas, a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas que o histórico edificio ten no interior. Os 105 chanzos que dan acceso ás distintas dependencias e salas resolveranse con plataformas móbiles e outras medidas. Tamén se modificarán os accesos. Segundo as previsións iniciais, as obras, que inclúen ademais melloras en cubertas, estarán concluídas en febreiro, a tempo para os meses máis intensos do Ano Santo, xa que ata abril a chegada de visitantes e peregrinos non é masiva.”
Fonte: elcorreogallego.com

También podría gustarte
Comentarios