Liga Autonómica Femenina : Racing Ferrol – CD As Pontes (4-0)

Primeira vitoria do Racing de Ferrol na liga feminina galega ó gañar ó As Pontes por 4-0 (3-0 ó descanso). Partido xogado no anexo da Malata na mañá do domingo, con presenza de seguidores de As Pontes.
CD-As-Pontes.jpg


R. FERROL: Zaira, Pili (Mónica, 30), Cuki, Noe (Miriam, 74), Fany, Laura, Ana (Jessi, 53), Noelia, Paulita, Carmen e Paula.
AS PONTES: Leti, Laura (Arancha, 70), Emma, Jani, Silvia (Diana, 45), Andrea (Carla, 70), Laura (Paula, 63), Alba (Mar, 63), Lau, Patri e Carlota.
ÁRBITRO: Juan Rey (Ferrol). Ben en liñas xerais, aínda que tivo un gran erro ó non sinalar un claro penalti por mans dunha defensora local. Amosou tarxeta amarela á racinguista Noe.
GOLES: Min. 37 (1-0), Laura en propia meta. Min. 40 (2-0), Noe. Min. 44 (3-0), Lanzamento de Paulita, o bote sorprende por alto á porteira pontesa e o balón entra mansamente na porta. Min. 63 (4-0), Emma en propia porta a disparo de Paulita.
COMENTARIO: Partido de rivalidade entre dous equipos novatos na categoría, que se saldou a prol das locais por un claro 4-0, aínda que o resultado pode resultar algo abultado, se temos en conta a que dous goles foron en propia porta e a que o As Pontes tivo duas boas ocasións para marcar na segunda parte, a primeira, logo dun saque de esquina que non atopou ningunha rematadora e outra nun claro penalti por atrapar coas mans o balón unha defensora racinguista, pena máxima que non sinalou o árbitro.
En canto ó partido, sinalar unha mellor conxunción e coordinación do equipo ferrolán, cunha boa defensa e unha liña atacante que creou perigo na porta pontesa. Pola súa banda, destacar a vontade das pontesas e a súa ilusión de querer facelo ben, pero aínda notáselles certa inexperiencia que lles está a custar adaptarse á categoría. De seguro, que co paso dos días notaranse as melloras do equipo que adestra Salido. Salientar que os derradeiros dez minutos as pontesas xogaron cunha menos por lesión da defensa Emma, unha das destacadas no As Pontes xunto a Patri, Carlota, Lau e Leti, a pesar dos catro goles.
Cortesía Antón

También podría gustarte
Comentarios