Amigus
As Pontes

A PONTESA RAQUEL RODRÍGUEZ ASCENDE A PRIMEIRA DIVISIÓN

Fixoo este pasado domingo ao mediodía

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A xogadora de orixen pontés Raquel Rodríguez Ferreiro acadou este pasado domingo o ascenso a Primeira División Española de Fútbol Sala.

O Estrela Cortegada Futsal rematou campión do grupo primeiro de Segunda División con 82 puntos, por diante de El Gaitero Rodiles (tamén ascendido) con 79, e Ence Marín Futsal, con 73.

Foi o equipo con maior puntuación dos tres grupos tras acumular 27 vitorias, por un empate e dúas derrotas, con 192 goles a favor, o que máis, e 34 en contra, o que menos.

Nas eliminatorias polo ascenso venceu en semifinais a CDE Leganés FS Masdeporte por 2-6 e 6-3. Na súa final polo ascenso gañou a CFS Autoescola Urgell Linyola por 1-4 e 7-4.

O equipo ourensán contaba nas súas filas con xogadoras da talla de Rafinha, Anita Ontiveros, Sara Santos ou Jenifer Souza. Raquel anotou oito goles nos 32 partidos disputados. Felicidades.

Fotos cortesía Estrela Futsal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios