Hoxe ás 11 da mañá estiveron presentes no Concello pontés, o Seleccionador Español, Fede Vidal, e a seleccionadora Española, Claudia Pons, todo un luxo, gañadora das tres Eurocopas Femininas que se levan disputado ata o momento, Portugal 2019 e 2022, e Hungría 2023.
Nun acto no que tamén estiveron presentes diversas autoridades pontesas, do Esteo e o Lago DVSport, e por parte da Federación Galega, Pablo Prieto, que fora mítico adestrador do Autos Puentes de finais dos 80, principios dos 90.
Entregouselle á Concelleira de Deportes, Elena López, unha camiseta da Selección Española firmada polas 14 integrantes da Selección Sub17, con tres galegas, mentres as xogadoras e diversos membros da Federación recibiron unha bolsa con manteigadas.
Hoxe pola tarde as 8 no Pavillón Municipal, con entrada gratuita, xogarán o seu segundo partido contra Portugal, ó que venceron 7-2 onte en Guitiriz.
Nova cortesía Xose Ferreiro