A XOGADORA PONTESA RAQUEL RODRÍGUEZ ASCENDE A PRIMEIRA DIVISIÓN

Tras gañar o partido de onte ante o Atlético Torcal

A xogadora de raíces pontesas Raquel Rodríguez Ferreiro, conseguiu onte co seu equipo, o Castro FSF, de Castro de Rei, o ascenso á Primeira División do Fútbol Sala feminino español.

No día de onte xogaban entre si os campións dos catro grupos de Segunda, no seu caso, líder destacado do seu grupo 1 o Castro, con 71 puntos en 23 vitorias, dous empates, e tan só unha derrota, con 11 puntos de marxe sobre o Rodiles de Villaviciosa.

E enfrontabanse co Atlético Torcal de Málaga, gran equipo que xa estivera na Primeira División na 2021-22, ao que ganaron 3-1 remontando o tanto andaluz inicial e no que Raquel puxo a puntilla anotando o terceiro tanto.

No outro encontro polo ascenso o Les Corts de Barcelona venceu en Chiloeches 2-6 e os equipos galego e catalán son os dous ascendidos á espera da terceira praza que sairá dunha repesca, e que ocuparán as prazas dos descendidos Joventut d´Elx, Teldeportivo e Sala Zaragoza.

Este ano o equipo lucense formou un gran plantel coas brasileñas Luisa Mayara Da Silva, Daniele Fleitas, e sobre todo a gran Camila Gadeia, ex Campiona de Europa co Burela e de dúas Copas América coa selección de Brasil, ao que se sumou Raquel, ex A Fervenza.

A temporada 2023-24 será unha Primeira División de claro color galego con 6 dos 16 equipos, con Burela, Poio, Ourense, Marín, Viaxes Amarelle da Coruña e o Castro.


Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía Xesús Ponte & El Progreso

También podría gustarte
Comentarios