A Deputación da Coruña subvenciona ó Concello das Pontes con case 100.000
[RTVi-As Pontes] A Deputación da Coruña aportará ó noso concello algo máis de 100 mil euros en concepto de diversas subvencións, especialmente nas áreas de cultura e deportes. A partida máis elevada, con case 34 mil euros, corresponde a axuda para a Oficina de Desenvolvemento Económico, que como saben está orientada tamén á captación de proxectos e subvencións que incidan na mellora do noso municipio.
Xa noutros conceptos, a Deputación destinará unha importante axuda para a mellora de infraestructuras. Entre elas están o equipamento escénico para o Cine Alovi, con 12 mil euros, a adquisición de linóleo para artes escénicas, por catro mil euros, e tamén o acondicionamento do Polideportivo da Magdalena e o da Fraga, por sete mil e oito mil euros respectivamente.
As subvencións chegadas da Deputación Provincial da Coruña tamén van orientadas a mante-la actividade do Centro de Información á Muller, que recibirá unha aportación cercana ós 3 mil euros. Do mesmo xeito, tamén hai subvencións para axudar a desenvolve-las Escolas Municipais, tanto as de Música e Danza na area cultural como tamén as Deportivas.
Mentres que a Feira do Grelo terá unha axuda dentro deste capítulo de oito mil euros e outros cinco mil serán para organizar actividades e competicións deportivas.
Fonte: aspontes.com