AMIGABLE. UD SOMOZAS 3 – CD AS PONTES 0

O Somozas fixo valer a súa condición de equipo dunha categoría superior

O As Pontes perdeu este sábado en Somozas no seu penúltimo encontro de preparación antes do comezo da Liga. Pronto se adiantaban ós locais tras un remate de Gerardo dende fóra da área, no que o balón rebota nun defensa e o seu segundo disparo entra pegado ó segundo pau (9´). E o segundo chegaba tras un zapatazo do asturiano dende uns 30 metros que se cola por riba superando a Paco nun auténtico golazo (27´).

Entremedias, tras un centro dende banda dereita, rematou Erni a rentes do pau (24´). Con outro zapatazo de Gerardo, que salva milagreiramente Paco, chegouse ó descanso (45´). Ao pouco do comezo do segundo tempo marcou de tiro cruzado o ex xogador pontés Alex Díaz, irmán do tamén ex futbolista azul Chicho, establecendo a sentencia no marcador (53´).

De aí ó final o As Pontes buscou maquillar o marcador e os locais tentar sumar algún tanto máis. Nunha internada por banda dereita un xogador locatario disparou por riba do longueiro (68´), ao que respostou o As Pontes nunha xogada entre Quique e Pardo na que o de Ortigueira queda completamente só pero o ex gardamallas pontés Marcos Souto salva maxistralmente (70´).

Logo é Quique quen se interna por banda esquerda e cando semella que vai centrar dispara e o balón sae un palmo por riba do escuadro (73´). Moito máis clara a tiveron os locais tras un disparo de Gerardo que despexa Paco, e tralo rexeite, roubanlle o balón a Alex e un xogador verdibranco manda o balón fora coa porta baleira (75´).

Para colmo de males, faltando dez minutos retirouse Quique tocado cos cambios xa feitos pero os azuis aguantaron o 3-0 cun xogador menos. Xogaron Paco, Criado (Martín 60´) Alex, Rego (Guille 73´), Sánchez, Adrián, Quique, Bossa (Peque 60´), Sergio (Carlos 45´), Fidi (Josiño 73´), Erni (Pardo 45´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios