Amigus
As Pontes

Amigus Labs Arte e creación dixital

O vindeiro sábado 29 de xullo, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de arte e creación dixital. A idade recomendada para participar é a partir de 10 anos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O vindeiro sábado 29 de xullo, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de arte e creación dixital. A idade recomendada para participar é a partir de 10 anos.

Un obradoiro para iniciarse no apasionante mundo da arte e creación dixital, dende o traballo con impresora 3d, fresadora cnc para fabricar os teus propios circuitos eletrónicos, a dixitalización 3d de obxetos e persoas, realidade virtual, robótica e electrónica con Arduino e Raspberry Pi, audio dixital, dróns e videoxogos.

No obradoiro de impresión 3d utilizaremos unha impresora Reprap Prusa i3, de base para crear novos instrumentos para equipar as Amigus Labs. Tamén veremos como mellorar a túa impresora, ampliar a base de impresión, a cama quente, o uso de dobre extrusor, e novos materiais.

No tocante os dróns e realidade virtual realizaremos un obradoiro de montaxe e dominio dos dróns usando simuladores de realidade virtual para practicar voos. Tamén profundizaremos das ferramentas para xerar contidos de realidade virtual, así como o hardware necesario.

Fabricaremos grazas a unha fresadora CNC circuitos electrónicas para os nosos proxectos.

Os mais pequenos tendrán a oportunidade de fabricar varios robots Escornabot, dende imprimir as pezas en 3D, o uso de motores, Arduino Nano e compoñentes electrónicos, aprenderán a facer pequeñas soldaruras en estaño, e darlle vida o robot programandolo. Os escornabots, quedarán en propiedade de Amigus Labs para ser utilizados noutros obradoiros.

Na zoa de audio, traballaremos con equipos de secuenciación e dixitalización de són, usando Ableton Live e Push 2, así como a creación de novas ferramentas interactivas audivisuais con Max/MSP.

Na zoa de xogos, teremos equipos con Rapsberry Pi para gozar xogando e creando; con xogos arcade, Scratch e MineCraft.

Crea os teus propios xoguetes, as túas ferramentas, prototipos, robots… fabrica case calquera cousa que imaxines!

Faremos unha parada para comer de 14:00 a 15:00, na que comeremos no mesmo Lar cun custo de 10 € por persoa (opcional), e estará incluida a comida e os refrescos. (Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas ou fumar no recinto da Amigus-Labs)

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello das Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Na Amigus-Labs arte e creación dixital podes traer a túa impresora 3D para resolver dudas ou intentar axudarche coa montaxe ou a configuración, ou se tes un proxecto en marcha vir e mostrar os demáis o que estás a facer.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 27 de xullo. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF)

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios