Aparello con Linux para protexer portátiles Windows XP
Lendo agnix.org:
“Unha empresa israelita, Yoggie Security Systems, está a piques de rematar a comercialización dun aparello baseado en Linux deseñado para protexer especificamente aos portátiles con Windows XP durante os accesos remotos a Internet. Do tamaño dunha tarxeta de crédito, o Yoggie Personal Security Gatekeeper ten dous portos Ethernet, executa un sofisticado firewall, unha VPN (Virtual Private Network, Rede Privada Virtual) e un software monitor do sistema. Segundo a empresa, o Gatekeeper permitirá aos traballadores itinerantes acceder a recursos remotos de xeito seguro namentres percorre redes inseguras, coma puntos de acceso inarámicos atopados en hoteis ou aeroportos. “…
Fonte: agnix.org